Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.481

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (58/1996).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela.

Fai saber que neste xulgado se segue expediente de dominio 58/1996, por instancia de José Luis Roca Costoya e Julia del Pozo Cogorro, representados polo procurador Caamaño Queijo, para a inscrición do exceso de cabida do seguinte predio:

Terreo que formou parte do predio número 26 da zona de concentración parcelaria de San Miguel dos Agros, termo municipal de Santiago de Compostela, ó sitio de Escanada de Atrás, de cento sesenta e dous metros cadrados. Estrema: fronte, norte, en liña de nove metros, Modesto García Pereiro (25), dereita entrando, oeste, en liña de dezaoito metros, Baltasar Pombo López, e esquerda, este, noutra liña de dezoito metros, Antonio Vilaseco Couselo.

E en virtude do acordado e o disposto na Lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócase e cítanse as persoas ignoradas as que poida prexudica-la inscrición solicitada as persoas de que procede o predio. Manuel González Castiñeiras, Mercedes Tojo Domínguez e María Celia Roca Fandiño, os estremeiros Baltasar Pombo López, Modesto García Pereiro e Antonio Vilaseco Couselo, este último tamén como titular catastral do predio; a todos eles, para que no prazo de dez días comparezan perante o xulgado e alega-lo que no seu dereito conveña.

Dado en Santiago de Compostela, o un de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9601741