Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.468

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

O Decreto 246/1995, do 28 de xullo (DOG nº 169, do 4 de setembro) aprobou a oferta pública de emprego do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

Procede agora acordar e publica-las bases que van rexe-las distintas convocatorias en tódalas categorías incluídas na devandita oferta.

Xa que logo, este centro directivo, despois da negociación coa representación sindical no seo do Comité de Empresa e no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 4 d) de Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas distintas categorías de persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, consonte as seguintes:

Bases:

Primeira.-Normas xerais.

1. Convócase concurso-oposición para o acceso ás categorías que se especifican no anexo I da presente resolución.

2. O número de prazas a cubrir neste concurso-oposición é o que se especifica, para cada unha das categorías, no citado anexo I, con expresión do número de prazas reservadas ás quendas de acceso libre, promoción interna e, se é o caso, reserva do 3% para minusválidos conforme co establecido nos artigos 6 e 7 do Decreto 246/1995, do 28 de xullo.

Non se inclúen entre ditas as prazas as correspondentes ó hospital psiquiátrico Dr. Cabaleiro Goás incluídas nas relacións de postos de traballo do Servicio Galego de Saúde ou suxeitas ó II convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

3. As prazas non cubertas polas quendas de promoción interna e, se é o caso, de reserva para minusválidos, acumularanse ó sistema de acceso libre.

4. Os aspirantes só poderán participar nunha das quendas á que se fai referencia nos parágrafos anteriores, que terán o mesmo contido tanto na fase de oposición coma na fase de concurso. Se da instancia que presenten non se deducise a súa opción, entenderáse que participan pola quenda de acceso libre.

5. Ó proceso selectivo que se convoca a través da presente resolución seranlle aplicables o Decreto 246/1995, do 28 de xullo e, no non previsto nel, haberá que aterse ó disposto no capítulo VIII do convenio colectivo do hospital Santa Mª Madre de Ourense, subscrito o día 14 de maio de 1991. Pola súa vez, no non previsto no dito decreto, no convenio e nas presentes bases aplicaránse supletoriamente as normas previstas no capítulo V do Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

6. Sen prexuízo do disposto nos apartados anteriores, os tribunais que se nomeen, deberán resolver, tanto na fase de oposición coma na fase de concurso, tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación das presentes bases, así como as situacións derivadas daqueles casos non previstos nelas, axustándose, en todo momento, ó establecido na lexislación do procedemento administrativo común.

Segunda.-Requisitos dos candidatos.

Para seren admitidos ás probas selectivas, con carácter xeral, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Acceso libre:

1. Ser español.

2. Ter cumpridos os dezaoito anos de idade.

3. Non padecer enfermidades ou limitacións físicas ou psíquicas que os incapaciten para o desempeño das funcións correspondentes.

4. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio dalgunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia firme.

5. Estar en posesión da titulación que, para cada unha das categorías que se convocan, se especifican no anexo I da presente resolución ou estar en condición de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de instancias para tomar parte no concurso-oposición.

6. Sen prexuízo do establecido no número 1 do apartado a) da presente base e de conformidade co establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro,

sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos demais Estados membros da Comunidade Europea, os estranxeiros ós que lle sexa de aplicación dita a lei, poderán concorrer ó concurso-oposición para o acceso ás distintas categorías que se convoquen nas mesmas condicións có resto dos aspirantes, debendo acreditar ademais non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que lles impida, no seu Estado de orixe, o acceso á función pública.

b) Reserva para minusválidos:

Naquelas categorías en que por razón do número de prazas convocadas se reservan prazas para prover pola quenda reservada para minusválidos, os aspirantes, ademais de posuíren os requisitos e numerados no apartado a) da presente base, cómpre que sufran unha discapacidade igual ou superior ó 33%, recoñecida conforme coa normativa vixente.

Tódolos requisitos esixidos na presente base deberános posuí-lo aspirantes, xa se trate da quenda de acceso libre ou da reserva de minusválidos, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias e haberán de manterse ata a formalización dos contratos cos aspirantes seleccionados e a súa toma de posesión efectiva da praza adxudicada.

c) Promoción interna:

Ademais dos requisitos establecidos no apartado a) da presente base, os aspirantes que participen por esta quenda deberán posuí-los seguintes requisitos na data de comezo do prazo de presentación das instancias para participar no concurso-oposición:

1. Te-la condición de persoal laboral fixo no complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense e estar suxeito ó convenio colectivo do hospital Santa Mª Madre subscrito o día 14 de maio de 1991.

2. Pertencer, como tal traballador fixo, a unha categoría dun grupo inmediatamente inferior ó da categoría á que se aspira, cunha antigüidade, alomenos, de dous anos na dita categoría.

3. Excepcionalmente, poderase pertencer a unha categoría dun grupo que non sexa o inmediato inferior ó da categoría á que aspira, nos supostos de inexistencia de persoal laboral fixo dos grupos intermedios que cumpra os requisitos esixidos para acceder ás prazas de que se trate.

Terceira.-Instancia.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición deberán necesariamente, segundo as instruccións para cubri-la documentación, o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de taxas, que será facilitado gratuitamente nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) No Servicio de Persoal do propio complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

2. A dita instancia deberá cubrirse conforme o establecido nas instruccións que se establecen.

En todo caso, ás dúas follas do exemplar para a administración da instancia, que será debidamente rexistrada, poderá grampárselle no espacio reservado na súa parte superior esquerda o exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de taxas unha vez realizada a transferencia na entidade correspondente nos termos previstos no número 7 da presente base e unha fotocopia do documento nacional de identidade. Así mesmo os aspirantes polo sistema de promoción interna, os da quenda reservada a minusválidos, e os que teñan a condición de estranxeiros nos termos reflectidos no número 6 do apartado a) da base segunda, haberán de achega-la documentación que se sinale para cada caso concreto.

3. O prazo para a presentación das instancias será o dun mes contado a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias para participar no concurso-oposición deberán presentarse nalgún dos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en San Caetano, bloque 2, 2º, en Santiago de Compostela.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

d) No propio complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

e) A través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Durante o prazo de presentación de instancias existirá un teléfono de información número (902) 23 96 53 entre as 16 e as 19 horas de luns a venres, excepto festivos, ó que poderán dirixirse tódolos interesados para aclarar calquera dúbida derivada da cobertura da instancia.

6. Por imperativo legal, conforme co disposto no artigo 27.2º C) da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1996 que modifica o apartado 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións regu

ladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, haberán de satisfacerse dereitos de exame que ascenderán á cantidade de 8.025 pesetas para categorías pertencentes ó grupo B (ATS/DUE, grupo de xestión da función administrativa e asistente social); 6.880 pesetas para categorías pertencentes ó grupo C (TEL, TER); 5.735 pesetas para categorías pertencentes o grupo D (auxiliar de enfermería, auxiliar da función administrtiva e telefonista); e 4.590 pesetas para categorías pertencentes ó grupo E (celador, operario), que serán ingresadas mediante transferencia bancaria nunha das entidades bancarias relacionadas no reverso do modelo de autoliquidación de taxas que se facilitarán xunto coa instancia.

7. Para tal efecto, os aspirantes, á hora de efectuaren ingreso da cantidade que corresponde na entidade bancaria ou de aforro para a súa transferencia, haberán de achega-lo exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de taxas debidamente validado pola entidade correspondente.

8. A simple transferencia do ingreso non suporá en ningún caso, a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma previstos na presente base.

9. Os aspirantes polo sistema de promoción interna deberán achegar xunto coa instancia e resto da documentación, unha certificación acreditativa, emitida polo órgano competente, dos requisitos esixidos no apartado C) da base segunda da presente resolución.

10. Os aspirantes con minusvalidez en grao igual ou superior ó 33% que opten por participar na quenda reservada para minusválidos deberán sinalar esa circunstancia no recadro reservado para tal efecto na instancia, achegando xunto con ela e o resto de documentación esixida unha certificación acreditativa da minusvalidez expedida polos órganos competentes da Comunidade Autónoma correspondente ou, de se-lo caso, do Ministerio de Asuntos Sociais. Así mesmo, deberán solicitar, na instancia, as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando esta adaptación sexa necesaria. As devanditas adaptacións non desvirtuarán en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

11. En todo caso, os tribunais reservaran para si o dereito a esixir que se acredite convenientemente a existencia ou non da discapacidade en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

12. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure nas instancias considerarase como o único válido para efectos de notificacións, sendo responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación coma a comunicación ó Servicio Galego de Saúde de calquera cambio.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

1. Rematado o prazo de presentación de instancias, Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde procederá á clasificación e revisión das presentadas para cada unha das categorías convocadas. Rematado o dito proceso, o mesmo centro directivo dictará unha resolución para declarar con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, para cada unha das citadas categorías.

2. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios dos organismos e institucións a que fai referencia o apartado 1 da base terceira, e haberá de indica-lo lugar ou lugares en que se poderán examina-los listados de aspirantes admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder subsanaren, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de reparación presentadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no apartado 2 da presente base as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada categoría. Para tal efecto a estimación ou, se é o caso, desestimación das ditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique os ditos listados definitivos.

5. Devolveránselle-los dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición sempre e cando o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución a que se refire o apartado anterior e utilicen para isto o modelo que figura como anexo II á presente resolución, achegando fotocopia do exemplar para o interesado do modelo de autoliquidación de taxas.

Quinta.-Tribunais.

1. Os tribunais cualificadores do concurso-oposición, para cada unha das categorías que se convocan, serán nomeados pola autoridade convocante publicándose para o efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia cunha antelación dun mes, como mínimo, á realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Correspóndenlles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para desenvolvemento concreto das probas selectivas.

2. Os tribunais serán únicos para cada categoría. No suposto de que se acordase nalgunha categoría das que se convocan a realización do primeiro exercicio da fase de oposición en dúas ou máis sedes, o tribunal correspondente poderalle propoñer á autoridade convocante a designación dunha comisión

delegada del que coordine na sede de que se trate a execución material do acto de realización do dito exercicio da fase de oposición.

3. Os tribunais terán a súa sede, para efectos de comunicacións e incidencias, no complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, sito na rúa Ramón Puga nº 56, 32005 Ourense, podendo dispoñer que nesta sede unha persoa, membro ou non deles, ou unha unidade administrativa, atenda, no posible, cantas cuestións sexan formuladas en relación co concurso-oposición.

4. De conformidade co establecido no artigo 118 do convenio colectivo os tribunais estarán compostos dun número de membros impar non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes. Un dos seus membros, alomenos, será designado polo comité de empresa, consonte o principio de especialidade conforme o cal alomenos a metade máis un dos membros dos tribunais deberá posuír unha titulación correspondente á mesma área de coñecemento cá esixida ós aspirantes e á totalidade destes, de igual ou superior nivel académico. O secretario do tribunal terá, en todo caso, voz e voto.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos dos asesores especialistas que estime oportunos. Os ditos asesores limitaranse a presta-la súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto, e deberán posuír titulación académica do nivel igual ou superior á esixida para o ingreso na categoría correspondente.

5. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se nos cinco anos anteriores á convocatoria realizaron tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría laboral. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incurso nas circunstancias a que se fai referencia neste apartado. Así mesmo os aspirantes poderán recursa-los membros do tribunal cando ó seu xuízo concorran as ditas circunstancias.

6. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomea ós novos membros do tribunal que teñan que substituír ós que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como ós substitutos daqueles.

7. Por convocatoria do presidente, constituirase o tribunal con asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que celebre sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

8. Os tribunais que actúen no presente concurso-oposición terán unha das categorías previstas no artigo 26.2º do Decreto 299/1990 do 24 de febreiro, que haberá de corresponder ó grupo de clasificación da respectiva categoría laboral, conforme o acordado polo órgano competente na materia.

Sexta.-Procedemento de selección.

Conforme co establecido no artigo 4.1º do Decreto 246/1995, do 28 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición para tódalas categorías que se convocan.

A) Fase de oposición.

1. A fase de oposición, dentro de cada unha das categorías que se convocan, consistirá na realización, con carácter eliminatorio, dos exercicios que, para cada unha delas, se enumeran no anexo III da presente resolución e coa forma e sistema de cualificación descritos.

No dito anexo especifícase tamén o Diario Oficial de Galicia no que se publicou o programa correspondente, que coincide, agás para a categoría de operario, co esixido para o acceso ás mesmas categorías estatutarias do Servicio Galego de Saúde.

2. O exercicio consistente na acreditación do coñecemento da lingua galega, na forma descrita no dito anexo, terá soamente carácter obrigatorio pero non eliminatorio.

3. Os tribunais adoptarán as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que sexan escritos e non deban ser lidos por ou perante o tribunal, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, excluíndose aqueles que teñan exercicios nos que figuren marcas ou figuras que permitan coñece-la identidade do opositor.

4. Sempre que razóns de índole material derivadas do elevado número de aspirantes nunha determinada categoría non o impidan, os tribunais co apoio, se é o caso, das comisións delegadas previstas no apartado 2 da base quinta da presente resolución, adoptarán as medidas tendentes a consegui-la realización simultánea do primeiro exercicio da fase de oposición naquelas categorías en que a dita realización se distribua en dúas ou máis sedes.

5. Una vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección deles e decidir con base nisto os aspirantes que os superan ou que resultan eliminados.

6. O primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal haberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

7. Unha vez comezadas as probas, os anuncios da realización dos sucesivos exercicios faranse públicos polo tribunal nos taboleiros de anuncios do dito complexo hospitalario, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos e nos da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais e da Dirección Provincial do Sergas de Ourense e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, alomenos, de antelación á indicada para a iniciación delas.

8. Cando se trate de exercicios que deban ser lidos perante o tribunal, a orde de chamamento dos aspirantes para a realización do acto de lectura, que en todo caso, haberá de ser pública, iniciarase por aqueles con primeiro apelido que comece pola letra Z, conforme co sorteo celebrado para o efecto pola Dirección Xeral da Función Pública, anunciado por Resolución do 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril).

En ambos supostos, os sucesivos chamamentos realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar no que se celebre a dita lectura e haberán de levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos aspirantes que superen o exercicio lido ante o tribunal farase pública ó termo de cada sesión.

9. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polos membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

10. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, e serán excluídos do concurso-oposición os que non comparezan.

11. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, debe propoñerlle a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puideran incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

12. A publicación das puntuacións dos distintos exercicios na fase de oposición realizarase nos taboleiros de anuncios dos organismos a que se fai referencia no apartado 7 da presente base.

13. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio, anunciarao públicamente mediante acordo no Diario Oficial de Galicia. O tribunal poderá acordar nos exames tipo test a inclusión de preguntas de reserva que deberán ser contestadas obrigatoriamente polos aspirantes, ampliándose en tal suposto e de forma proporcional o tempo de realización do exercicio.

14. Rematadas as probas selectivas que compoñen a fase de oposición, o tribunal fará pública nos taboleiros de anuncios dos organismos a que se refire o apartado 7 da presente base, a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición pola orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios.

15. Sen prexuízo do carácter eliminatorio dos distintos exercicios da fase de oposición, o tribunal poderá declarar que superaron a fase de oposición

un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas na categoría correspondente.

B) Fase de concurso.

16. Publicada a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición na forma descrita nos apartados precedentes, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia no que se declarará rematada a fase de oposición e abrirá un prazo de vinte días naturais contado desde o seguinte ó da súa publicación para que os ditos aspirantes presenten a súa solicitude de participación na fase de concurso acompañada coa documentación acreditativa dos méritos que aleguen. Se algún aspirante non presenta a dita solicitude, o tribunal, de oficio, outorgáralle cero puntos na dita fase de concurso.

17. Conforme co establecido no artigo 4.2º do Decreto 246/1995, do 28 de xullo, a valoración da fase de concurso non poderá exceder do 25% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición.

18. Dentro desta fase do concurso valoraranse exclusivamente os servicios prestados como persoal laboral temporal no jospital Santa Mª Madre. De conformidade co establecido no artigo 4.3º do dito decreto, outorgaráselles valor preferencial ós servicios prestados na categoría á que se opte e puntuación decrecente para os que correspondan a outras categorías dentro do mesmo grupo e a outras categorías fóra do mesmo grupo pero dentro da mesma clasificación do persoal de acordo co que aparece no anexo do dito decreto.

No anexo IV da presente resolución indícanse para cada categoría as ditas puntuacións.

19. Para acredita-los servicios previos na fase de concurso, os participantes achegaranlle á solicitude unha certificación orixinal expedida polo Servicio de Xestión de Persoal do complexo hospitalario Santa Mª Madre- Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

20. En ningún caso a puntuación da fase de concurso poderá ser aplicable para supera-los exercicios da fase de oposición.

21. Os tribunais poderán solicitar de oficio dos aspirantes ou da Administración a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegura-la máxima obxectividade no outorgamento da puntuación nesta fase de concurso.

22. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante na fase de concurso. Contra a baremación os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

23. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións á baremación inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal elevará a Dirección Xeral de Recuros Humanos o acordo que conteña a relación de aspi

rantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total, que será a suma de ámbalas dúas. A dita relación comprenderá de forma separada, os aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo sistema de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos. A Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declara concluso o concurso-oposición e maila dita relación de aspirantes seleccionados.

24. Os empates na puntuación final resolveranse en favor do aspirante que obtivera maior puntuación na fase de concurso. De persistí-loo empate, éste dirimirase en favor do aspirante con maior puntuación no apartado de experiencia da fase de concurso. De persisti-lo empate, este dirimirase en favor do aspirante que obtivese maior puntuación nos exercicios da fase de oposición atendendo á súa orde de realización. De persistir aínda o empate este dirimirase definitivamente en favor do aspirante con maior idade.

25. En ningún caso o tribunal poderá declarar que superou o concurso-oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

Sétima.-Promoción interna.

1. A fase de oposición polo sistema de promoción interna terá o mesmo contido que para o resto de aspirantes das quendas de acceso libre e, se é o caso, da quenda de reserva para minusválidos.

2. A fase de concurso polo sistema de promoción interna consistirá na valoración dos servicios prestados, nos termos establecidos no anexo IV da presente convocatoria, que non poderá exceder do 25% da puntuación máxima alcanzable na fase de oposición e suxeitándose ós trámites establecidos nos apartados 16 a 25 da base sexta da presente resolución.

Oitava.-Presentación de documentación, formalización dos contratos e toma de posesión.

1. Na mesma resolución a que se refire o apartado 23 da base sexta da presente resolución a autoridade convocante disporá que os aspirantes seleccionados presenten, nun prazo de vinte días naturais a contar desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentaicón:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto na base segunda A) 5, anexo I, da presente resolución.

c) Declaración xurada ou promesa de non teren sido separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico, en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións físicas ou psíquicas que lle imposibiliten o desempeño das funcións correspondentes á praza a desempeñar. Os aspirantes que accederan pola quenda de discapacitados deberán achega-la certificación compulsada acreditativa da correspondente minusvalidez.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

2. Os aspirantes aprobados que tiveran a condición de persoal fixo por calquera vínculo ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentos a que fan referencia os parágrafos c) e d) do apartado anterior.

3. A documentación dirixirase ó director xerente do complexo hospitalario Santa Mª Madre- Dr. Cabaleiro Goás de Ourense e poderá presentarse en calquera dos organismos previstos no apartado 4 da base terceira da presente resolución.

4. Os que dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non presentaren a documentación, non poderán subscribi-lo correspondente contrato e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na súa instancia.

5. Finalizado o prazo de presentación da documentación e examinada esta polos servicios correspondentes do dito complexo hospitalario e unha vez feitas as rectificacións delas que, se ó caso, correspondan, a Dirección Xerencia citará a tódolos aspirantes seleccionados en cada categoría para a formalización do correspondente contrato de traballo indicando a data da toma de posesión efectiva da praza da correspondente categoría.

6. Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes seleccionados que non acheguen parte ou toda a documentación.

Igualmente perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes seleccionados que non asinen o correspondente con

trato de traballo ou os que, sen causa xustificada, non tomen posesión da praza correspondente.

7. Nestes supostos a Dirección Xerencia do complexo hospitalario elevará proposta de exclusión á Dirección Xeral de Recursos Humanos, a cal adoptará e publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución procedente e cubrirá as ditas prazas aspirantes que cumpran coas condicións esixidas nestas bases que superasen a fase de oposición e non fosen seleccionados no concurso-oposición nos termos previstos na base sexta.

A dita cobertura realizaraa a autoridade convocante segundo a orde de puntuación acadada polos aspirantes no proceso selectivo, quedando expresamente facultada esta para, nestes supostos, altera-la proposta inicial do respectivo tribunal, incorporando a mesma naquela resolución. O persoal así seleccionado deberá cumprir igualmente os trámites previstos nesta base para o resto do persoal seleccionado.

8. A incorporación ás prazas adxudicadas implicará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe.

9. Os aspirantes seleccionados pola quenda de promoción interna terán preferencia para cubri-los postos de traballo que se oferten nese momento respecto ó persoal de novo ingreso.

Novena.-Norma derradeira.

1. A presente convocatoria e as súas bases vinculan á Administración, ós tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e ós que participen nel.

2. cContra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola autoridade convocante, poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme ó previsto nas leis.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Prazas convocadas

CategoríaGrupoEstatuto de pertenzaAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación requirida

ATS/DUEBPersoal sanitario

non facultativo

1616133ATS/DUE
TELCPersoal sanitario

non facultativo

325Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade laboratorio

CategoríaGrupoEstatuto de pertenzaAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

minusválidos

Número

total

Titulación requirida

TERCPersoal sanitario

non facultativo

224Técnico especialista de formación profesional de segundo grao, rama sanitaria, especialidade radiodiagnóstico
Auxiliar de enfermeríaDPersoal sanitario

non facultativo

3233267Técnico de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria
Grupo xestión da

función Admva.

BPersoal non sanitario112Enseñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente
Asistente socialBPersoal non sanitario11Asistente social ou diplomado en traballo social
Auxiliar administrativoDPersoal non sanitario1414129Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente
TelefonistaDPersoal non sanitario22Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente
CeladorEPersoal sanitario

non facultativo

26127Certificado de escolaridade
OperarioEPersoal non sanitario41142Certificado de escolaridade

ANEXO II

Solicitude de devolución de dereitos de exame

Don/Dona

con DNI nº, domiciliado/a en

teléfono de contacto, que optei á

categoría de persoal de, de

conformidade coa base cuarta.5 da correspondente convocatoria,

SOLICITO:

A devolución efectiva dos dereitos de exame na seguinte conta:

Entidade bancaria:

Axencia:

Nº de conta:

Asino esta solicitude en (lugar)

o (data)

(Asinado)

Sr. Director Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

ANEXO III

Exercicios da fase de oposición

A) ATS/DUE, grupo xestión da función administrativa e traballadores sociais.

Primeiro exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a un cuestionario de 150 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 3 horas e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

Segundo exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a tres supostos prácticos de 25 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

Terceiro exercicio (eliminatorio):

Nun prazo máximo de 3 horas os aspirantes terán que deselvonver por escrito 2 temas, sorteados polo tribunal.

Neste exercicio valoraranse especialmente os coñecementos e a orde das ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados para proceder á súa lectura pública ante o tribunal, que poderá dialogar co opositor durante 10 minutos sobre aspectos dos temas desenvoltos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

Cuarto exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 10 puntos, cun máximo de 20 puntos.

O programa relativo á categoría de ATS/DUE foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995; grupo de xestión da función administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995); o de traballador social foi publicado no DOG nº 52, do 15 de marzo de 1995.

B) TEL,TER.

Primeiro exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a un cuestioanrio de 125 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa nun prazo máximo de 3 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

Segundo exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a dous supostos prácticos de 30 preguntas cada un, con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 1 hora e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 45 puntos.

Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 7,5 puntos, cun máximo de 15 puntos.

O programa relativo á categoría de TEL, TER, foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

C) Auxiliares de enfermería.

Primeiro exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a un cuestionario de 120 preguntas con respostas alternativas, sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 120 puntos.

Segundo exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a dous supostos prácticos de 30 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 1 hora e 45 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 10 puntos, cun máximo de 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar de enfermería foi publicado no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995.

D) Auxiliares da función administrativa.

Primeiro exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a un cuestionario de 120 preguntas con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

Segundo exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización dunha proba práctica de informática, en Word Perfect 5.2 para Windows, nun

tempo máximo de 15 minutos. Na valoración desta proba terase en conta, ademais do manexo do dito sistema operativo, a velocidade na escritura.

Este exercicio será valorado de 0 a 90 puntos.

Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 10 puntos, cun máximo de 20 puntos.

O programa relativo á categoría de auxiliar da funcion administrativa foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

E) Telefonistas, celadores e operarios.

Primeiro exercicio (eliminatorio):

Constestación por escrito a un cuestionario de 100 preguntas con respostas alternativas sobre o contido do programa, nun prazo máximo de 2 horas.

Este exercicio será valorado de 0 a 60 puntos.

Segundo exercicio (eliminatorio):

Contestación por escrito a dous supostos prácticos de 25 preguntas, cada un deles, con respostas alternativas, baseados no contido do programa, nun prazo máximo de 1 horas e 30 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 30 puntos.

Terceiro exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

Consistirá na realización por escrito dunha dobre traducción, directa e inversa, de galego-castelán no tempo máximo de 30 minutos.

Cada traducción será valorada de 0 a 5 puntos, cun máximo de 10 puntos.

O programa relativo á categoría de telefonista foi publicado no DOG nº 87, do 8 de maio de 1995; o de celadores foi publicado no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1995 (corrección de erros no DOG nº 49, do 10 de marzo de 1995).

O programa relativo á categoría de operarios e o seguinte:

Tema 1. A Constitución española: principios xerais, estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais: dereitos e liberdades, garantías das liberdades e dereitos fundamentais. As Cortes Xerais: as cámaras de elaboración das leis. O Goberno e a Administración.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: Estructura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración pública galega. A economía e a facenda.

Tema 3. A estructura orgánica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde.

Tema 4. A estructura, organización e funcionamento dos hospitais dependentes do Servicio Galego de Saú

de. Estructura e ordenación da atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 5. O persoal estatutario de institucións sanitarias da Seguridade Social. Previsións da Lei xeral de sanidade en materia de persoal. Estatutos do persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario: ámbito de aplicación, clasificación do persoal, situacións administrativas, dereitos e deberes, funcións profesionais, xornada de traballo, réxime disciplinario e acción social.

Tema 6. Selección de persoal estatutario e provisión de prazas nas institucións sanitarias da Seguridade Social. Sistema vixente sobre nomeamento e contratacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde: análise do seu contido.

Tema 7. Mantemento básico hospitalario. Coñecemento das principais avarías hospitalarias, comunicación e recepción do parte de incidencias de avarías. Coñecemento básico do mantemento preventivo.

Tema 8. Principais medidas de seguridade no hospital. Normas básicas sobre evacuación. Principais dispositivos que deben controlarse nos supostos de incendio e inundacións. A sinalización hospitalaria, coñecementos básicos.

Tema 9. Hostelería hospitalaria, coñecementos básicos. Os sistemas de distribución da comida dentro do recinto hospitalario, normas que cómpre ter en conta. Coñecemento básico sobre conservación de alimentos e preparación.

Tema 10. Servicios xerais hospitalarios. Coñecementos básicos sobre almacén hospitalario, sistemas de almacenamento e a súa distribución ás distintas unidades do hospital. Lavandería e lencería, especial coñecemento dos distintos sistemas de lavado e a distribución e control da lencería.

ANEXO IV

Valoración da fase de concurso

A) ATS, DUE grupo de xestión da función administrativa, asistente social, auxiliar da función administrativa, auxiliar de enfermería.

A.1. Puntuación máxima alcanzable: 50 puntos.

A.2. Puntuación por servicios prestados como persoal laboral tempora no hospital Santa Mª Madre:

-Na mesma categoría á que se opte: 0,84 puntos por mes completo.

-Noutra categoría do mesmo grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,54 puntos por mes completo.

-Noutra cateoría do distinto grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,25 puntos por mes completo.

B) TEL, TER.

B.1. Puntuación máxima alcanzable: 37,5 puntos.

A.2. Puntuación por servicios prestados como personal laboral tempora no hospital Santa Mª Madre:

-Na mesma categoría á que se opte: 0,625 puntos por mes completo.

-Noutra categoría do mesmo grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,40 puntos por mes completo.

-Noutra cateoría do distinto grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,19 puntos por mes completo.

C) Telefonista, celador, operario.

C.1. Puntuación máxima alcanzable: 25 puntos.

C.2. Puntuación por servicios prestados como personal laboral tempora no hospital Santa Mª Madre:

-Na mesma categoría á que se opte: 0,42 puntos por mes completo.

-Noutra categoría do mesmo grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,27 puntos por mes completo.

-Noutra cateoría do distinto grupo, da mesma clasificación do persoal: 0,125 puntos por mes completo.

9602286