Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 1996 Páx. 3.477

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1996 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 35/1995 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 35/1995, convocada por Resolución do 3 de xullo de 1995 (BOE do 29 de xullo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 13 de marzo de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de escola universitaria.

Área de coñecemento: ciencias morfolóxicas.

Praza número 35/1995.

Comisión titular:

Presidente: Toranzo Martínez, Daniel, catedrático de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Secretario: Sánchez Hernández, Fernando, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Salamanca.

Vocais: Gonzalo Ruiz, Alicia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Aparicio Bellver, Luis, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valencia.

Benjumea Acosta, Antonio, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Cádiz.

Comisión suplente:

Presidenta: Latorre Macarrón, Emilia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Secretario: Caballero García, Alberto, profesor titular de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Vocais: Gil Verona, José Antonio, catedrático de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

García Atares, M. Natividad, profesora titular de escola universitaria. Universidade de Valladolid.

Muñoz Sanz, Miguel Ángel, profesor titular de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

2299