Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PARLAMENTO DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 1 de marzo de 1996 pola que se ordena a publicación da relación de postos de traballo do Valedor do Pobo.

Advertidos erros no texto da citada resolución, publicada no DOG nº 60, do 25 de marzo de 1996, páxina 2.781, cómpre face-las oportunas correccións:

-No nº de orde 8 do cadro, no apartado «Titulación académica», debe figurar «Titulado superior».

-No nº de orde 20 do cadro, no apartado «complemento específico (ptas./ano)», onde di: «314.950», debe dicir: «1.314.950».

-Na lectura de abreviaturas, onde di: «Forma de provisión: NLV= nomeamento libro polo Valedor...», debe dicir: «Forma de provisión: NLV= nomeamento libre polo Valedor...».

-Na lectura de abreviaturas, no apartado de «Formas de provisión», debe engadirse, entre as modalidades «NLV» e «C», outra modalidade, que debe dicir: «LD= libre designación».

2072