Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 1996 Páx. 3.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de abril de 1996 pola que se fixan os prezos de venda ó público de publicacións editadas pola Xunta de Galicia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

Primeiro.-Quedan aprobados os prezos de venda ó publico das publicacóns que se relacionan no anexo.

Segundo.-Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

-Galicia la inefable: 1.200 ptas.

-Celtismo y literatura gallega. La obra de Benito Vicetto y su entorno literario: 3.500 ptas.

942