Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

A Comisión Provincial de Urbanismo en sesión do 14 de setembro de 1994, aprobou definitivamente as modificacións nas normas subsidiarias de planeamento de Friol (revisión e adaptación) agás a modificación M-5: variación de solo non urbanizable cara a solo urbano na estrada de Narla, polo que respecta ás tres áreas VUA-1, VUA-2 e VUA-3, así como a corrección no plano 5a2 suprimindo a lenda de solo urbanizable e establecendo a de EL, propia do solo urbano.

Aceptadas as ditas supresións e modificación polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 5 de xullo de 1995, e realizadas as oportunas correccións tanto na normativa como na planimetría, remitíronse novamente os exemplares á Comisión Provincial de Urbanismo, quen por medio de escrito do 26 de xaneiro do ano actual, devolve os referidos exemplares das normas subsidiarias de planeamento para que este concello dea cumprimento ó establecido no artigo 8 d) da Lei 7/1995, o cal foi tomado en consideración

polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 6 dos actuais, o que en cumprimento do dito precepto legal se fai público.

Friol, 14 de febreiro de 1995.

Antonio E. Muíña Pena

Alcalde

1782