Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

O Concello da Estrada anuncia concurso para adquisición dun vehículo automóbil polo prezo tipo máximo de 4.000.000 de ptas.

As características do vehículo figuran no correspondente prego, establecéndose entre elas un motor de 5 cilindros en liña, unha cilindrada de 2.300 cm e potencia de 133 CV.

A presentación das proposicións farase no Rexistro de Licitacións de 9 a 14 horas durante os 26 días naturais seguintes á publicación do anuncio no DOG. De ser sábado ou inhábil trasladaríase ó día hábil seguinte. Non se admiten proposicións por correo. As proposicións presentaranse nun sobre que conterá a proposición económica adaptada ó modelo, a declaración das características do vehículo, documento que acredite a personalidade do empresario, xustificante da constitución da fianza provisional por importe de 80.000 ptas., e declaración xurada de no estar incurso en ningunha das prohibicións para contratar do artigo 20 da L.C.A.P. A apertura terá lugar ó día hábil seguinte ó último sinalado para a presentación ás 13 horas.

MODELO DE PROPOSICIÓN:

D./Dª..., maior de idade, veciño/a de ... con enderezo en ... con DNI nº... en nome propio (ou en representación de ...) informado/a do concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, a adquisición dun vehículo automóbil para o Concello da Estrada, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de cláusulas administrativas e nas seguintes condicións: prezo...; prazo de entrega:...; prazo de garantía:...; calidade do vehículo e melloras ofertadas: ... (Lugar, data e sinatura).

A Estrada, 19 de marzo de 1996.

O alcalde

Rubricado

1783