Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.348

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 1996 pola que se anuncia a contratación das obras pendentes de executar no edificio da casa de cultura de Mondego.

De conformidade co disposto no artigo 79 la Lei de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso por procedemento aberto, para adxudica-las obras pendentes de executar do proxecto de construcción dun edificio destinado a casa de cultura de Mondego, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato as obras pendentes de executar do proxecto de construcción dun edificio en Mondego, que será destinado a casa de cultura.

2. Duración do contrato: seis meses.

3. Tipo de licitación: doce millóns (12.000.000) de ptas.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento do actual exercicio.

5. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

6. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

9. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 27 de febreiro de 1996.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273