Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 1996, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Xoán, concello de Portomarín, Lugo.

Por Decreto do 3 de xuño de 1931, Gaceta do 4 de xuño, foi declarado ben de interese cultural

con categoría de monumento histórico artístico a igrexa de San Xoán, concello de Portomarín, Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior a entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro de 1995, do Patrimonio Cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), é preciso na actualidade concretar a delimitación do seu contorno.

En consecuencia, e vistos os informes dos servicios técnicos e órganos consultivos, favorables á incoación do expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Xoán, concello de Portomarín, Lugo. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Ter por incoado expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa de San Xoán no concello de Portomarín, Lugo, (Art. 11 da Lei 8/1995 do 30 de outubro).

Protexer este monumento e a zona afectada pola incoación, sendo a súa delimitación a seguinte:

Comeza a liña no punto 1 situado na zona de afección das augas do encoro de Belesar. Continúa polo rego que orixina a valgada, coincidindo coa linde leste da parcela 15k ata empatar coa beira do camiño que procede da estrada de circunvalación, onde se atopa o punto 2.

Desde o punto 2, a liña segue o linde que, incluíndo os parcelas 92 e 110, corta coa estrema da parcela 03 (cuadra 34.10.0) coincidente co límite do parcelario de urbana, no punto 3.

A partir do punto 3, a liña continúa o citado límite de catastro urbano en dirección norte, abranguendo tódalas parcelas seguintes 03, 22, 20, 02, e 01 do cuarteirón 34.10.0 ata o punto 4 onde coincide co eixe do cm do monte.

Desde o punto 4, a liña segue o cm do monte incluíndo os cuarteiróns 34.10.0, 33.09.4, 33.01.1, 32.07.0, e 32.07.8 ata o punto 5.

A partir do punto 5 a liña coincide co linde das parcelas 07 e 10 do cuarteirón 31.08.0 ata o punto 6, no eixe da estrada do alto de Valiño.

Desde o punto 6, a liña segue polo linde que separa as parcelas 11 e 01 (cuarteirón 31.06.2) ata o punto 7, situado no límite do catastro urbano, na estrema da parcela 10 (3l.06.2).

A partir deste punto, a liña percorre o perímetro norte e oeste da parcela rústica 93 ata o punto 8, situado no linde norte da parcela 91.

Desde o punto 8, a liña segue un trazado contínuo, con pequenas inflexións, polo linde norte das parcelas 85, 91, 84, 78, 74 e 51, ata o punto 9, onde continúa polo linde oeste da última parcela citada nun percorrido contínuo incluíndo as parcelas 52 e 57 ata o punto 10, situado no eixe da estrada de Lugo.

A partir do punto 10, a liña abrangue a parcela 36 ata o punto 11, situado no eixe do camiño de Saba

delle, por onde continúa ata o último punto, que fai o número 12, na ribeira do Miño.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución o alcalde de Portomarín, Lugo e noticarlle que, de acordo co artigo 35 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do patrimonio cultural de Galicia a incoación dun expediente de declaración de ben de interese cultural respecto dun inmoble determinará a suspensión das correspondentes licencias de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas, así como dos efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, deberán realizarse con carácter

inaprazable precisarán, en todo caso, autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura.

Cuarto.-Notificarlle-la presente resolución ós propietarios, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e o Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, abríndose un período de información pública de 1 mes, contado a partir do dia seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 1996.

Angel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico

e Documental

1298