Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 1996 Páx. 3.315

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 21 de marzo de 1996 pola que se aproban as tarifas polos servicios do sistema Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Mediante orde da Consellería de Economía e Facenda do 12 de xaneiro de 1995 (DOG nº 15, do 23-1-1995), aprobáronse as tarifas polos servicios do sistema Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En consideración ó exposto, en virtude das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbanse as tarifas que se aplicarán para o cálculo da contraprestación que satisfarán ó Igape os usuarios do sistema Igatel pola disponibilidade e

utilización dos servicios telemáticos e de documentación do dito sistema, e que figuran no anexo adxunto. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Artigo 2º

A Xunta de Galicia e as institucións, organismos autónomos e entes e sociedades públicos da Administración Autónoma galega, poderán solicita-la bonificación de cota de alta por contrato Igatel e das cotas mensuais, abonando, neste caso, exclusivamente o que corresponda segundo o uso que fagan dos servicios sinalados nos apartados Ib), Ic), II e III do anexo.

Disposicións adicionais

Primeira.-Esta orde vén substituí-la Orde do 12 de xaneiro de 1995, sendo a disposición que fixa as tarifas pola utilización do sistema Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica.

Segunda.-Como plan de promoción do servicio Igatel, o Igape acometerá a primeira instalación do programa e dun único equipo electrónico de telecomunicacións (módem) necesario para a conexión Igatel, subvencionando nun 116% tanto o custo da primeira instalación como o valor do módem a aquelas entidades que cumpran os requisitos e as condicións sinalados nesta disposición. Poderán beneficiarse deste plan de promoción aquelas persoas físicas ou xurídicas radicadas en Galicia ou que realicen actividades que se consideren de especial interese para esta comunidade autónoma, e poderanse acoller tamén as instalacións realizadas entre o 1 de xaneiro do presente ano e a data de publicación. Neste plan de promoción poderá aplicarse ata un máximo de 500 instalacións, e as peticións serán atendidas por orde de recepción no Igape do contrato debidamente asinado.

Así mesmo, poderán acollerse a este plan de promoción aqueles usuarios que, cumprindo os requisitos anteriores, subscribiran o contrato Igatel segundo o plan de promoción de anos anteriores e aínda non teñan instalado o equipo de telecomunicacións para a conexión a Igatel.

No caso de que o usuario que se acollera a este plan de promoción resolva o contrato para a utilización dos servicios do sistema Igatel antes de que transcorra un ano desde a data da súa instalación, deberá restituír ó Igape o custo dos equipos que se lle facilitaron e a súa instalación.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 12 de xaneiro de 1995 pola que se fixan as tarifas pola utilización dos servicios do sistema Igatel do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) (DOG nº 15, do 23 -1-1995).

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día primeiro do mes seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

I.-Tarifas dos servicios Igatel por vía telemática.

-Cota de alta por contrato: 17.400 pesetas.

Nun mesmo contrato poden ser incluídos varios usuarios da mesma empresa ou organización.

-Equipo de comunicacións (módem): 30.160 pesetas.

-Instalacións de módem e programa: 16.240 pesetas.

-Cota mensual: 6.960 pesetas. Por identificativo de acceso (un por usuario).

-Cota de matemento mensual: 2.320 pesetas. Para aqueles meses en que non se realice ningunha conexión ó Igatel.

-Tarifa de comunicacións:

Tarifa de comunicación con servicios externos nacionais: 2 ptas./min.

Tarifa de comunicación con servicios externos internacionais: 34 ptas./min.

A cota de alta inclúe o software específico necesario, pero non o de base (DOS 6.0, Windows, etc.), nin o custo da súa instalación, que poderá realizarse polo propio usuario.

-Servicios:

a) Bases de datos Igape: actualmente en servicio (acceso incluído na cota mensual).

Liñas de axudas: axudas e subvencións da Comunidade Autónoma, nacionais e da Unión Europea.

Empresas: directorio económico-financeiro das empresas galegas.

Servicios de consultoría: directorio especializado das principais empresas consultoras que operan en Galicia.

Solo industrial: situación de polígonos e parques empresariais de Galicia.

Formación: principal oferta de formación empresarial en Galicia.

Oferta de explotación: directorio das principais empresas exportadoras de Galicia.

Oportunidades de negocio: oportunidades de investimento no exterior de exportación.

Subcontratación industrial: información acerca das actividades e productos de subcontratación industrial na Comunidade Autónoma Galega.

b) Bases de datos e servicios externos.

Para aquelas bases de datos e servicios que non sexan producidos polo Igape, e respecto ós cales este ente actúa como distribuidor, o prezo que satisfarán polo seu uso os usuarios de Igatel será o que resulte de aplica-las tarifas que para o acceso polos

usuarios finais fixaran os provedores deles. Entre estas bases e servicios encóntrase:

-ICEX-IMPI.

-CESATEL.

-BOE.

-SARENET.

-AGRITEL (actualmente é gratuíto).

-ECHO.

Para o resto das bases fíxanse as seguintes tarifas:

BasesTarifas

-Correo electrónico. Cesatel.23 ptas./min.

-Eurobases.325 ptas./min.

-Ecoprensa.348 ptas./min.

-Axencia EFE.104 ptas./min.

-Colex-Data.139 ptas./min.

-Internet.580 ptas./mes.

-Inpamar (OEPM).2.610 ptas./comunicación 3 min. + 174 ptas./min. adicional.

-Sitadex (OEPM).174 ptas./min.

-Mondiu (OEPM).174 ptas./min ata 7 referencias + 29 ptas. por referencia adicional.

-Cibepat (OEPM).174 ptas./min. 116 referencias impresas 2.784 ptas. + 29 ptas./referencia adicional.

-Decisores financeiros (Ardan).3.480 ptas./informe.

-Informe de competidores (Ardan).3.480 ptas./informe.

-Estados financeiros (Ardan).2.030 ptas./informe.

-Posición no sector (Ardan).5.220 ptas./informe.

-Contas anuais (Ardan).2.030 ptas./informe.

-Dun&Bradstreet informe nacional.7.120 ptas.

-Dun&Bradstreet informe intern. area I.15.080 ptas.

-Dun&Bradstreet informe intern. area II (*).24.360 ptas.

-Dun&Bradstreet informe intern. area III (*).31.320 ptas.

-Dun&Bradstreet informe prexudicial nacional (*).55.116

-Dun&Bradstreet cargas adicionais tradu. países area I (*).Gratuíto.

-Dun&Bradstreet cargas adicionais outras traduccións (*).2.900 ptas./infor.

(*): Non son servicios on line.

O Igape reserva para sí o dereito de reduci-las tarifas dos servicios externos en períodos concretos por motivos de promoción.

II.-Tarifas por servicios de documentación.

ConceptoTarifa

-Base de axudas (consulta asistida e información escrita sobre axudas).116 ptas. por páxina impresa.
-Base de subcontratación industrial (informe asistido).116 ptas. por páxina impresa.
-Base de solo industrial (información de parques e planos).116 ptas. por páxina impresa.
-Base de formación.116 ptas. por páxina impresa.
-Base de servicios de consultoría.116 ptas. por páxina impresa.
-Base de oferta de exportación.116 ptas. por páxina impresa.
-Base de oportunidades de negocio.116 ptas. por páxina impresa.
-Base de empresas (informes de balances e exercicios) ou informe de 5 empresas.1.740 ptas. por empresa (ata 5 balances) ou informe de 5 empresas.
-Manual do servicio IgatelGratuíto.
-Gastos de envío por correo.4 ptas./envío.
-Gastos de envío por fax.116 ptas./envío.
-Fotocopias do Diario Oficial de Galicia (DOG), Boletín Oficial del Estado (BOE) ou Diario Oficial das Comunidades (DOCE) Europeas.23 ptas. por copia.

III.-Tarifas por atención a domicilio.

As visitas a domicilio efectuadas polos técnicos co fin de solucionar calquera problema co servicio Igatel terá un custo de 17.400 pesetas.

Os cursos de formación de introducción ó programa e das bases do Igape a domicilio terán a seguinte tarifa: 17.400 ptas. as dúas primeiras horas e 5.800 ptas./hora adicional.

1924