Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a certificación de acto presunto dictada polo conselleiro relativa ó recurso interposto contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 12 de xullo de 1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos, a certificación de acto presunto relativa ó recurso ordinario número 94/1481 interposto contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo do 12 de xullo de 1994, polo que se aproban definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do Concello da Pobra de Trives, que na súa parte dispositiva di:

«José Cuíña Crespo, concelleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda,

CERTIFICA:

Primeiro.-Que o 26 de agosto de 1994 José Luis Domínguez Álvarez interpuxo recurso ordinario contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense do 12 de xullo de 1994, polo que se aprobaron definitivamente as normas subsidiarias de planeamento do Concello da Pobra de Trives.

Segundo.-Que o 17 de novembro de 1995 José Luis Domínguez Álvarez solicita a expedición da certificación de acto presunto relativa ó recurso ordinario por el interposto, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-Que o prazo para resolve-lo recurso ordinario, que é de tres meses segundo o establecido nos artigos 42 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, transcorreu sen que se dictase resolución expresa.

Cuarto.-Que segundo o establecido nos artigos 43.3º b) e 117 da Lei 30/1992, o recurso ordinario debe entenderse desestimado.

O que se certifica a pedimento do interesado, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da súa notificación, lembrándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, o un de marzo de mil novecentos noventa e seis.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

2453