Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1996, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 2 de abril de 1996, pola que se declara deserto o concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferencias en materia de transportes, e con base na proposta formulada pola mesa de contratación do concurso,

RESOLVE:

Declarar deserto o concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra), de conformidade co establecido no artigo 75.3º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1996.

P.D. (O. 25-10-1993, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

1841