Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de febreiro de 1996 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros na devandita orde, publicada noDOG nº 61 do 26 de marzo, cómpte efectectua-las seguintes rectificacións:

-Na páxina 2.839, baremo correspondente ó concello de Rodeiro débese engadir:

«Requisitos para concursar:

De acordo co disposto nos artigos 13 e 14 do Real decreto 1732/1994, establecense os seguintes requisitos previos para poder tomar parte no presente concurso:

a) Será requisito para poder tomar parte no presente concurso a acreditación do coñecemento da lingua galega, como minimo ó nivel de perfeccionamento. Para isto, os interesados deberán presentar xunto coa solicitude de participación, o documento que acredite este extremo. A acreditación do presente requisito realizarase por parte dos intersados por medio das correspondentes certificación ou documentos que acrediten aquel extremo.

b) Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 14 do real decreto citado, quedarán excluídos do concurso aqueles candidatos que non acaden unha puntuación mínima do 25% do total dos puntos da convocatoria (7,5 puntos)».

-No apartado b) de acreditación dos méritos, onde di: «... nas que se deberá de especifica-la denominación e a duración, expresada nun total de horas súa lectivas», debe dicir: «... nas que se deberá de especifica-la súa denominación e a duración, expresada nun total de horas lectivas».

2313