Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.278

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de marzo de 1996 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 17 de xaneiro de 1996 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Gali

cia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios ociais e nos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 17 de xaneiro de 1996 (DOG nº 26, do 6 de febreiro).

Segundo.-Adxudicarlles destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Publicado no Diario Oficial de Galicia número 41, do 27 de febreiro de 1996, o Decreto 63/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, o posto de traballo da Subdirección Xeral de Protección da Saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública do Servicio Galego de Saúde pasa a denominarse Subdirección Xeral de Programas de Saúde Pública da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e con tal denominación adxudícase a través da presente orde.

Igualmente, publicado no mesmo Diario Oficial de Galicia o Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, o posto de traballo de xefe de Servicio de Saúde Mental e Programas Especiais en Atención Especializada da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria pasa a denominarse Servicio de Saúde Mental e Docencia e Investigación en Atención Especializada na Dirección Xeral de Atención Especializada, e con tal denominación adxudícase a través da presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1996.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Apelidos e nome: Farjas Abadía, Mª Pilar.

NRP: 1786279457 A1200.

Grupo: A.

Nivel C.D.:30.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia, clase de licenciados en Medicina e Cirurxía.

Posto de traballo: subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública.

Dependencia: Dirección Xeral de Saúde Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Páramo Fernández, Mario.

DNI: 36.039.119.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia, clase de médicos, especialidade Psiquiatría.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Saúde Mental e Docencia e Investigación en Atención Especializada.

Dependencia: Dirección Xeral de Atención Especializada.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Mantecón García, Leoncia.

NRP: A01SSXU9703365.

Grupo: B.

Nivel C.D.: 22.

Corpo ou clase: xestión da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: directora-administradora do Fogar Centro de Coordinación Provincial.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Ares Seoane, Mª Jesús.

NRP: L15G0000001281.

Corpo ou clase: persoal laboral fixo.

Grupo: II (educadora).

Posto de traballo: directora-administradora do Fogar da 3ª idade.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Prieto Domínguez, Mª Dolores.

NRP: L1451F0601.

Corpo ou clase: persoal laboral fixo.

Grupo: II (directora-administradora).

Posto de traballo: directora-administradora do Fogar da 3ª idade.

Dependencia: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Localidade: Lugo.

9602590