Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 1996 Páx. 3.264

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Judo.

Vistos os estatutos da Federación Galega de Judo e a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 20-1-1996.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995, de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Judo

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º

1. A Federación Galega de Judo e Deportes Asociados, é unha entidade asociativa privada, sen ánimo de lucro, con patrimonio propio e independente dos seus asociados, que se rexe polo Decreto 228/1994, do 14 de xullo e Orde do 28 de xullo de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia sobre federacións deportivas, pola lexislación deportiva española, polos seus estatutos, polos seus regulamentos e polas normas de orde interno que se dicte no ámbito da súa competencia.

2. A Federación Galega de Judo e D.A. ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fíns.

3. Son competencias da Federación Galega de Judo e D.A., as actividades relacionadas co judo, jiu-jitsu e deportes asociados (aikido, kendo, hapkido, wu-shu e defensa persoal).

4. A Federación Galega de Judo e D.A. está integrada na Federación Española de Judo e Deportes Asociados, da cal acepta o seus estatutos e se obriga a cumprir sempre e cando non entre en colisión

coas disposicións dos órganos superiores deportivos da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. A Federación Galega de Judo e D.A. ten a súa sede na Coruña e o seu domicilio social no Complexo Deportivo de Elviña. Para cambiar de lugar sempre dentro do territorio de Galicia, será preciso o acordo favorable dos dous tercios da asemblea xeral.

Artigo 2º

1. A Federación Galega de Judo e D.A., está integrada polos clubs e entidades federadas, os deportistas, os xuíces-árbitros e os profesores adestradores.

2. Forman parte, ademais da organización federativa, os dirixentes e en xeral cantas persoas físicas ou xurídicas ou entidades que promovan, practiquen ou contribúan ó desenvolvemento do judo e dos seus deportes asociados.

3. O ámbito de actuación da Federación Galega de Judo e D.A., nas competencias que lle son propias, é o da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º

Correspóndelle á Federación Galega de Judo e D.A., o goberno, administración, xestión, organización e regulamentación do judo e deportes asociados.

En consecuencia é propio dela:

a) Organizar e controla-las actividades e competicións oficiais dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Colaborar coas administracións públicas na formación de técnicos deportivos na prevención, control e represión do uso de substancias prohibidas e da violencia no deporte.

c) A representación de Galicia, nas competicións e actividades estatais e internacionais, por medio das súas seleccións autonómicas, os seus técnicos, os seus deportistas e os seus dirixentes.

d) Contrata-lo persoal necesario para o cumprimento das súas funcións.

e) Formar e titular a adestradores e árbitros na esfera das súas competencias.

f) Conceder: kyus, cintos negros e demais graos e titulacións no ámbito das súas competicións.

g) Exerce-lo control das subvencións oficiais que se asignen ás asociacións e entidades deportivas nas que regulamentariamente se establezan.

h) Exerce-la potestade disciplinaria deportiva nos termos establecidos no Regulamento de disciplina deportiva.

i) Executar, se é o caso, as resolucións do Comité Galego de Disciplina Deportiva.

j) En xeral, cantas actividades contribúan ó desenvolvemento e mellora do judo, jiu-jitsu, e demais deportes asociados.

TÍTULO II

Dos clubs e entidades federadas

Artigo 4º

1. Son clubs e entidades federadas as asociacións-privadas, integradas por persoas xurídicas ou físicas, que teñan por obxecto a promoción dunha ou varias modalidades deportivas, a práctica delas, así como a participación en actividades e competicións.

2. Deberán estar inscritos na federación e no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas de Galicia.

2. Os clubs e entidades federadas estarán obrigados a lle facilitar á federación a asistencia dos seus deportistas para a preparación e participación nas competicións oficiais das seleccións galegas.

TÍTULO III

Dos deportistas

Artigo 5º

1. Para que os deportistas poidan participar en actividades e competicións oficiais, terán que estar en posesión da correspondente licencia, expedida pola Federación Galega de Judo e D.A.

2. Ningún deportista poderá dispor simultaneamente de máis dunha licencia en vigor por disciplina no ámbito de Galicia.

3. A licencia será o documento indispensable para participar en actividades e competicións federativas e levarán aparellado un seguro médico deportivo obrigatorio, o importe será aprobado pola asemblea xeral por proposta da xunta directiva.

TÍTULO IV

Dos órganos da Federación Galega de Judo e D.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 6º

Son órganos da Federación Galega de Judo e D.A.:

a) De goberno e representación.

1. A asemblea xeral e a súa comisión delegada.

2. O presidente.

b) Complementarios.

1. A xunta directiva.

2. O secretario xeral.

3. O tesoureiro.

c) Funcionais.

1. O departamento de deportes asociados.

2. O departamento de promoción e difusión.

d) Técnicos.

1. O comité de actividades deportivas.

2. A escola federativa.

3. O comité de árbitros.

e) De xustiza federativa.

1. O xuíz único de disciplina deportiva.

2. O comité de apelación.

3. O comité de valoración de méritos.

Artigo 7º

Son requisitos para ser membro dos órganos de goberno e representación da Federación Galega de Judo e D.A., así como da xunta directiva:

a) Te-la condición política de galego, segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civis.

d) Non estar incurso en sanción deportiva que o inhabilite.

e) Non estar incurso en incompatibilidades, legais ou estatutarias.

f) Que non fora condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para cargo público.

g) Os específicos que para cada caso determinen os estatutos.

Artigo 8º

1. O sistema de elección e cesamento dos titulares dos órganos de goberno e representación, estará regulamentado por un Regulamento electoral que garanta a súa provisión mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto.

2. Os membros dos órganos colexiados federativos que formen parte deles por elección, desempeñarán o seu mandato durante catro anos, coincidentes cos períodos olímpicos de inverno e poderán ser reelixidos.

3. No caso de que non consuman todo o período de mandato, os que ocupen as vacantes, exercerán o cargo por igual tempo ó que restase ós substituídos.

Artigo 9º

1. As sesións dos órganos colexiados, convocaranas sempre o presidente ou o secretario, sempre a instancias do presidente neste caso, e nos tempos que, se é o caso, determinen os estatutos ou regulamentos.

2. A convocatoria dos órganos colexiados, efectuarase dentro dos termos que cada caso concreto prevexan os estatutos e regulamentos; no suposto de especial urxencia, efectuarase cunha antelación mínima de 48 horas.

3. Quedará validamente constituída en primeira convocatoria, cando concorran a metade máis un dos membros, e en segunda convocatoria, que será media hora máis tarde, calquera que sexa o número de asistentes.

4. Corresponderalle ó presidente dirixi-los debates coa autoridade propia do seu cargo.

5. Os acordos adoptados por maioría simple, salvo os casos previstos nos estatutos.

6. Levantarase acta de todalas sesións, na que se reflectirá o nome das persoas asistentes, as intervencións resumidas, e demais circunstancias que se consideren oportunas, así como os votos a favor, os votos na contra, as abstencións, os particulares, se é o caso, e o texto dos acordos adoptados.

7. Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas, eximirán das responsabilidades que puideran derivarse, pero non da obriga de cumpri-lo acordado.

Artigo 10º

1. Son dereitos dos membros da organización federativa:

a) Tomar parte nas deliberacións, expresando libremente as súas opinións nas cuestións que sexan obxecto de tratamento ou debate no seo do órgano do que sexan membros e exerce-lo seu dereito ó voto, facendo constar, se é o caso, se o desexa, o particular razoado que emitan.

b) Intervir nas tarefas federativas propias do seu cargo, ou a función que desempeñen, cooperando na xestión que compete ó organo ó que pertenza.

c) Coñece-lo contido das actas das sesións do órgano do que forma parte.

d) Tódalas que, regulamentarimente se establezan.

2. Son as súas obrigas básicas:

a) Concorrer, cando sexan citados, ás reunións; salvo que o impidan razóns de forza maior.

b) Desempeña-lo mellor posible, as funcións que se lle encomenden.

c) Colaborar lealmente na xestión federativa, gardando, cando fose necesario, o segredo das deliberacións.

d) As demais que se determinen regulamentariamente.

Artigo 11º

1. Con independencia das responsabilidades penais, civís e administrativas, que de forma xeral consagra o ordenamento español, os membros dos diferentes órganos da Federación Galega de Judo e D.A., son responsables, especificamente, dos actos, resolucións ou acordos adoptados polo órgano do que forma parte, coa salvedade que establece o artigo 9º.7 deste estatuto.

Artigo 12º

1. Os membros dos órganos da Federación Galega de Judo e D.A. cesarán polas seguintes causas:

a) Finalización do período de mandato.

b) Remoción ou cesamento, nos supostos que proceda, se non é cargo electivo estatutario.

c) Demisión.

d) Incapacidade que impida o desempeño do cargo.

e) Carecer dalgún dos requisitos que estatutariamente ou regulamentariamente se precise.

f) Incompatibilidade sobrevida.

2. Tratándose do presidente, serao tamen a moción de censura. Serán requisitos para ela:

a) Que se formule por un 25% dos membros da asemblea xeral, formalizando individualmente, por cada un dos propoñentes, mediante escrito motivado e asinado, co que xuntará fotocopia de ámbalas caras do documento nacional de identidade.

b) O presidente terá que convocar, con carácter extraordinario, a asemblea xeral para que se reúna no prazo máximo de 30 días naturais. A dita moción de censura, será o único punto do orde do día. Se o presidente non convocase a asemblea poderá facelo, de maneira excepcional, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

c) Que se aprobe pola maioria dos dous tercios dos membros de pleno dereito que integran a asemblea xeral, que estará presidida, nesta ocasión polo membro de maior idade. Non se admitirá o voto por correo.

d) A moción terá que ser constructiva coa presentación dun candidato alternativo; que de prosperar sairía elixido.

Capítulo II

Dos órganos de goberno e representación

Sección primeira

Da asemblea xeral

Artigo 13º

1. A asemblea xeral é o organo superior de goberno e representación da Federación Galega de Judo e D.A.

2. Está composta polos seguintes estamentos:

a) Deportistas.

b) Clubs e entidades federadas.

c) Profesores-adestradores.

d) Xuíces-árbitros.

e) Deportes asociados.

Artigo 14º

1. Na asemblea xeral, terán a consideración de electores e elixidos en representación dos estamentos recollidos no artigo anterior:

a) Os deportistas, maiores de idade e no pleno exercicio dos seus dereitos civís, que teñan licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e que a tiveran durante a tempada deportiva anterior.

b) Os clubs e entidades federadas, os profesores-adestradores, os xuíces-árbitros e os representantes dos deportes asociados que terán que estar en pose

sión da correspondente licencia ou documentación semellante e téndoa na tempada anterior.

2. Os membros da asemblea xeral formarán parte dela mentras cumplan os requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento. Se se produce unha vacante, será cuberta co seguinte máis votado.

3. Poderán asistir ás sesións de asemblea xeral, con voz pero sen voto, os membros da xunta directiva, que non o fosen da asamblea, os directivos dos distintos organos, así como, aquelas persoas que o presidente considere conveniente.

Artigo 15º

1. A representación na asemblea xeral dos distintos estamentos estará de acordo coas seguintes proporcións:

a) Clubs e entidades federadas, inscritas na federación entre as que se inclúen as sociedades anónimas deportivas, entre 60% e un 75%.

b) Deportistas, ata un máximo do 20%.

Profesores-adestradores ata un máximo do 5%.

d) Xuíces-árbitros, ata un máximo do 5%.

e) Deportes asociados, ata un máximo do 10%.

2. O número de membros da asemblea xeral, virá fixado polo Regulamento electoral.

3. A circunscrición electoral será a autonómica.

Artigo 16º

Correspóndelle a asemblea xeral, en reunión plenaria, con carácter necesario:

a) A aprobación do presuposto anual e a súa liquidación.

b) A aprobación do calendario deportivo e das bases e regulamentos que rexerán as competicións.

c) A aprobación ou modificación dos seus estatutos e regulamentos.

d) A elección e cesamento do presidente.

e) A elección da súa comisión delegada.

Artigo 17º

1. A asemblea xeral reunirase en sesión ordinaria, unha vez ó ano.

2. As outras reunións terán carácter extraordinario, e serán convocadas polo presidente ou por proposta dun número de membros da asemblea non inferior ó 25%.

3. Presenta-la solicitude de convocatoria por un número de membros suficiente, o presidente, deberá convocala necesariamente no prazo de 10 días naturais. Desde a convocatoria ata a celebración da asamblea, non poderán transcorrer máis de 20 días naturais.

4. A convocatoria, que terá que leva-la orde do día da reunión, farase pública no taboleiro de anuncios da federación con 10 días de antelación a data de celebración. En calquera caso, notificarase indi

vidualmente a cada un dos membros da asamblea, cunha antelación mínima de 48 horas.

5. A asemblea xeral quedará validamente constituída cando concorran na primeira convocatoria a metade máis un dos seus membros e na segunda convocatoria, que terá lugar media hora máis tarde, calquera que sexa o número de asistentes.

6. O voto será persoal. Non se poderá delega-lo voto, agás no correspondente ós clubs, que poderá exercelo o seu presidente ou a persoa na que delegue, sempre que non forme parte da asemblea xeral. Ninguén poderá ter máis dunha delegación de voto.

Artigo 18º

1. Os membros da asemblea xeral serán elixídos cada catro anos por sufraxio libre, igual, directo e secreto, entre e polos compoñentes de cada estamento, de acordo coa proporción establecida no artigo 15º.1 e coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno.

2. A asemblea xeral, poderá reunirse en pleno ou en comisión delegada.

Sección segunda

Da comisión delegada da asemblea xeral

Artigo 19º

1. A comisión delegada será elixída pola asemblea xeral entre os seus membros mediante sufraxio. O seu mandato coincidirá co da asemblea.

2. O número de membros da comisión delegada será do 15% da asemblea.

3. Se se producira algunha vacante cubriríase co seguinte candidato máis votado.

4. A comisión delegada reunirase, como mínimo, unha vez cada catro meses convocada polo presidente, con unha antelación de sete días.

5. Correspóndelle a comisión delegada:

a) A modificación do calendario deportivo.

b) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

c) O seguimento da xestión deportiva económica da federación.

d) A elaboración dun informe previo a aprobación do presuposto do exercicio seguinte.

6. As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral estableza.

7. A proposta sobre os temas a tratar correspóndelle exclusivamente ó presidente da federación, ou á comisión delegada cando esta o acorde por maioría de dous tercios.

Sección terceira

O presidente

Artigo 20º

1. O presidente da Federación Galega de Judo e D.A. é o seu órgano executivo. Ostenta a súa repre

sentación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación e executa os acordos destes. Ten ademais dereito de asistir a cantas sesións celebre calquera dos órganos, comités ou comisións federativas.

2. Será elixido cada catro anos por sufraxio libre, igual, directo e secreto, polos membros da asemblea xeral, coincidindo cos anos dos Xogos Olímpicos de inverno, agás que concorran causas excepcionais que terán que ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través da súa publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución.

3. Os candidatos, ós que non se lles esixirá que sexan membros da asemblea xeral, terán que ter o aval,como mínimo do 10% dos membros da asemblea xeral.

4. Elixirase presidente, o candidato que obteña maioría absoluta dos votos emitidos. No caso que ningún cadidato alcance esta maioría procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos mais votados, resultando elixido o que obteña maioría simple.

5. O presidente gozará de voto de calidade, no caso de empate, naquelas decisións que deban adopta-los órganos que preside.

6. Para poder ser candidato a presidente, serán necesarios os requisitos seguintes:

a) Te-la condición política de galego, segundo disposto no artigo 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abríl, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ter maioría de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non estar incurso en sanción deportiva que o inhabilite.

7. Mentres dure o seu mandato o presidente non poderá exercer cargo ningún noutro órgano federativo, nin entidade, asociación ou club, suxeitos á disciplina federativa da Federación Galega de Judo e D.A.

8. No suposto de ausencia, enfermidade ou outra causa que lle impidan transitoriamente desempeña-las súas funcións, o presidente será substituído polo vicepresidente no orde correspondente.

9. Cando o presidente cese no cargo por ter concluído o tempo de mandato, a xunta directiva constituirase en comisión xestora e convocará eleccións ós órganos de goberno e representación da Federación Galega de Judo e D.A., elaborando o calendario correspondente ós comicios.

10. Se o presidente cesara por calquera outra causa procederase de idéntico modo, pero limitado exclusivamente o proceso á elección do substituto, que ocupará o cargo por tempo igual ó que restase por cumprir ó substituído.

Capítulo III

Dos órganos complementarios

Sección primeira

Da xunta directiva

Artigo 21º

1. A xunta directiva é o organo colexiado de xestión da Federación Galega de Judo e D.A. Os seus membros son nomeados e cesados libremente polo presidente de federación que tamen o é da xunta directiva.

2. O número dos seus membros non será inferior a 5 nin superior a 15.

3. Os seus membros, que non o sexan da asemblea xeral, poderán asistir ás eleccións da mesma, con voz pero sen voto.

4. A xunta directiva terá, como mínimo dous vicepresidentes dos cales o orde virá fixado polo nomeamento.

5. A xunta directiva, funcionará en pleno ou en comisión, esta denominarase comité executivo.

6. O comité executivo resolverá todos aqueles asuntos que non precisen o pleno da xunta directiva.

7. A xunta directiva, reunirase cando a convoque o presidente que será o que decida a orde do día. O prazo mínimo de convocatoria será de 48 horas.

8. Os acordos serán por maioría, dirimindo o empate, o voto de calidade do presidente.

9. Son funcións básicas da xunta directiva.

a) Xestión e desenvolvemento da politica federativa.

b) Control de actividades e competicións.

c) Estudios de propostas e aprobación de proxectos que sexan da súa competencia.

d) O nomeamento e cesamento dos delegados provinciais e comarcais a proposta do presidente da federación, co acordo favorable da maioría dos clubs de dita provincia ou comarca.

e) A estructura e funcionamento das delegacións provinciais e comarcais.

f) Tódolos cargos son honoríficos e, no caso extraordinario, cando se estableza unha compensación económica xustificada a favor dos membros da xunta directiva, tena que acordar a maioría absoluta da asemblea xeral e constar de maneira diferente no orzamento. Nunca esta compensación será aboada con cargo ás subvencións públicas.

Sección segunda

O secretario xeral

Artigo 22º

1. O secretario xeral da Federación Galega de Judo e D.A. será nomeado polo presidente, con dependencia directa del.

2. Son as súas funcións principais:

a) Levantar actas das reunións da asemble xeral e da súa comisión delegada, actuando como secre

tario dos ditos órganos, así como da xunta directiva da que poderá ser membro e comisións que houbera.

b) Expedi-las certificacións oportunas dos acordos emanados dos ditos órganos.

c) Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada nun prazo maximo de 15 días.

d) Cantas funcións lle encomenden os estatutos e regulamentos ou lle sexan delegadas polo presidente.

Sección terceira

O tesoureiro

Artigo 23º

1. O tesoureiro da Federación Galega de Judo e D. A., é o órgano de administración dela, e sera designado polo presidente.

2. Son as súas funcións principais:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Propoñe-los pagamentos e cobramentos, así como redacta-los balances e orzamentos.

c) Exerce-lo control económico de tódolos órganos da federación.

d) Elaborar e presentar balances á comisión delegada do estado contable da federación.

e) Calquera outra función que lle encomenden os estatutos e regulamentos da federación.

3. O nomeamento de tesoureiro, é facultativo do presidente da federación, o cal, se non fixera tal designación, será responsable das funcións inherentes ó cargo, que poderá delegar nas persoas que estime oportuno.

Capítulo IV

Dos órganos funcionais

Sección primeirra

Do departamento de deportes asociados

Artigo 24º

1. O Departamento de Deportes Asociados, no cal haberá un director nomeado polo presidente da Federación Galega de Judo e D. A., ten o seu cargo a dirección e coordinación das actividades e competicións dos distintos deportes asociados na Federación Galega de Judo que se cita no apartado 1.3 destes estatutos.

2. O director do Departamento de Deportes Asociados, proporá ó presidente da federación o nomeamento dun director para cada un dos deportes asociados, que será representante diante da federación e responsable do mesmo.

3. Cada un dos directores dos deportes asociados, presentará anualmente o seu orzamento e calendario de actividades e competicións por intermedio do director de deportes asociados, á xunta directiva da

Federación Galega de Judo e D.A. para a súa aprobación.

Seccións egunda

Do departamento de promoción e difusión

Artigo 25º

1. O Departamento de Promoción e Difusión, no cal haberá un director nomeado polo presidente da federación, terá o seu cargo:

a) A publicidade das actividades da federación.

b) O contacto cos medios de comunicación.

c) A confección, edición e distribución de propaganda, así como, a creación e difusión de revistas, boletíns, videos, etc., que poidan divulgar todolo referente ó judo, jiu-jitsu e deportes asociados.

2. Poderán tamen organizar, exhibicións e demostración, así como, organizar galas conxuntas de tódalas disciplinas da Federación Galega de Judo e D.A.

Capítulo V

Dos órganos técnicos

Sección primeira

Do comité de actividades deportivas

Artigo 26º

1. O Comité de Actividades Deportivas do cal o director será nomeado polo presidente da Federación Galega de Judo e D.A., ten ó seu cargo a dirección e desenvolvemento de tódalas competicións que sexan da competencia da Federación Galega de Judo e D.A.

2. É da súa responsabilidade:

a) A presentación á xunta directiva do proxecto de calendario deportivo anual, coa súa valoración económica.

b) A proposta á xunta directiva da comisión do comité.

c) As normas de celebración de cada campionato.

d) A designación dos membros das seleccións galegas nas súas diversas categorías.

e) A proposta á xunta directiva de axudas para os deportistas de elite, así como, o seu seguimento técnico-deportivo.

f) Os plans de preparación e adestramento das seleccións galegas.

g) O contacto e coordinación cos adestradores particulares dos deportistas.

Sección segunda

Da escola federativa

Artigo 27º

1. A escola federativa e o órgano en materia de docencia e correspóndelle a organización, dirección e supervisión das ensinanzas que impartan na Federación Galega de Judo e D.A..

2. Son as súas funcións mais importantes:

a) A formación de técnicos e árbitros nas categorías que lle corresponda.

b) Confección de programas, textos e artigos técnicos que estime conveniente.

c) Realización de exames de paso de grao e concesión de dans.

d) Todas cantas redunden no beneficio do ensino e teñan relación con ela.

Artigo 28º

Á fronte da escola federativa estará un director, nomeado polo presidente da federación e o docente da mesma deberá contar coa aprobación do comité executivo da Federación Galega de Judo e D.A.

Sección terceira

Do comité de árbitros

Artigo 29º

1. O comité de árbitros é o órgano que atende o funcionamento do colectivo arbitral, e correspóndelle o goberno, representación e administración das súas funcións.

2. O director será nomeado polo presidente da Federación Galega de Judo e D.A.

3. Son as súas funcións:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar técnicamente ós xuíces árbitros e propo-la adcrición á categoría correspondente.

c) Designalos para as competicións oficiais.

d) Colaborar na formación de xuíces e árbitros.

e) Aproba-las normas reguladoras do arbitraxe.

Capítulo VI

Dos órganos de xustiza federativa

Sección primeira

O xuíz único

Artigo 30º

1. A Federación Galega de Judo e D.A. ten potestade en materia de disciplina deportiva, sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, os clubs e entidades federadas, deportistas, técnicos, árbitros, directivos e en xeral de todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan a súa actividade en Galicia.

2. O xuíz único, resolverá en primeira instancia, os asuntos que afecten ó réxime disciplinario, de acordo co Regulamento de disciplina deportiva da Federación Galega de Judo e D.A.

3. Será nomeado polo presidente da federación, e poderá estar asistido polo secretario xeral da federación, se é o caso, a persoa na que delegue.

Sección segunda

Do comité de apelación

Artigo 31º

1. O comité de apelación é o órgano superior e último en materia de disciplina deportiva da Federación Galega de Judo e D.A., ó que poderá recorrerse contra as resolucións do xuíz único.

2. O comité de apelación estará composto por catro membros e un director que será nomeado pola xunta directiva por proposta do presidente da federación.

3. O modo e prazo dos recursos presentados diante o comité de apelación, virá determinado polo Regulamento de disciplina deportiva da Federación Galega de Judo e D.A.

Artigo 32º

Contra as resolucións definitivas do comité de apelación, podera recorrerse diante o Comité Galego de Disciplina Deportiva.

Sección terceira

Do comité de valoración de méritos

Artigo 33º

1. O comité de valoración de méritos é o órgano encargado de estimar, e valora-las virtudes e méritos que concorran en entidades e persoas para a concesión de premios, honores e recompensas, de acordo co que regulamentariamente se estableza.

2. O seu director, será nomeado polo presidente da federación e o número dos seus membros será fixado pola xunta directiva.

TÍTULO V

Do réxime económico

Capítulo I

Do patrimonio e dos recursos económicos

Artigo 34º

1. O patrimonio da Federación Galega de Judo e D.A., está integrado polos bens e dereitos, do que lle corresponde a titularidade.

2. Os recursos económicos da Federación Galega de Judo e D.A. están constituidos por:

a) As subvencións da Xunta de Galicia e Federación Española de Judo e D.A.

b) As subvencións e donativos de outros organismos oficiais, entidades ou particulares.

c) As herdanzas, legados e doazóns que se lle outorguen.

d) As cotas e dereitos que se aproben pola asemblea xeral.

e) As cotas de amortización de anticipos e préstamos concedidos pola federación con cargo ós seus recursos; as rendas de inmobles e dos valores de carteira, xuros de conta corrente e productos de alleamento de bens adquiridos cos seus propios recursos.

f) Os beneficios que produzan os actos deportivos que organice.

g) Os beneficios que produzan as actividades que desenvolve.

h) Calquer outro tipo de ingresos que non se opoñan ó carácter e fíns da Federación Galega de Judo e D.A.

Capítulo II

Do presuposto

Artigo 35º

1. A vida económica da Federación Galega de Judo e D.A., axustarase ó orzamento que se acorde na asemblea xeral. A tal efecto, a xunta directiva presentará anualmente á asemblea xeral o oportuno proxecto, que nunca poderá ser deficitario, salvo autorización expresa da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Os proxectos de orzamentos presentaranse clasificados por capítulos e conceptos. As partidas autorizadas no orzamento de gastos ten carácter limitativo e por tanto, non poderán acordarse gastos que excedan das previsións.

Artigo 36º

A aprobación de gasto e ordenación de pagamentos, corresponderá ó presidente da federación.

Artigo 37º

O saldo final do exercicio dos orzamentos liquidados, figurará no seguinte orzamento ordinario.

Capítulo III

Do balance e contabilidade

Artigo 38º

1. A xunta directiva, presentará o balance para a súa aprobación pola asemblea xeral, coa especificación das partidas e dentro destas os distintos conceptos.

2. Levaranse os libros de contabilidade oficiais, así como, os de carácter auxiliar que se consideren oportunos, axustando as normas do Plan Xeral de Contabilidade ás federacións deportivas, co fín de que poidan coñecerse en calquera momento o estado de contas.

Artigo 39º

1. Os fondos depositaranse nunha conta corrente, nun establecemento bancario ou caixa de aforros. Non obstante, poderá conservarse en caixa contías que discrecionalmente sinale o presidente.

2. As disposicións de fondos con cargo ás ditas contas correntes deberá autorizarse por duas sinaturas, unha delas será necesariamente a do presidente da federación e outra persoa autorizada polo mesmo.

TÍTULO VI

Do réxime documental

Artigo 40º

1. A Federación Galega de Judo e D.A., deberá de levar ademais dos correspondentes libros de contabilidade previstos nestos estatutos, os correspondentes do Rexistro de Clubs e Entidades Federadas, Rexistro de Delegacións e de Actas, Inventario de Mobles e Inmobles.

2. Nos libros de actas consignaranse as reunións que celebre a asemblea xeral, a comisión delegada, e a xunta directiva, con expresión de data, asistentes, asuntos e acordos adoptados. Estos libros quedarán custodiados no domicilio da F.G.J., á disposición dos membros integrados nela, para o seu exame e consulta, previa autorización do presidente fixando o secretario xeral de forma razoable o tempo e modo de consulta.

TÍTULO VII

Da estructura territorial

Artigo 41º

A federación estructurarase en delegacións, cada delegación quedará integrada polas entidades deportivas, deportistas, técnicos e árbitros que corresponda ó ámbito territorial fixado pola asemblea para cada delegación.

Artigo 42º

As delegacións axustarán a súa actividade ás normas dictadas pola federación mediante os organos que correspondan e directamente do presidente.

Artigo 43º

Os titulares das delegacións serán nomeados e cesados polo presidente da federación, de acordo co artigo 21º.9 d).

Artigo 44º

A composición do equipo directivo da delegación será de libre designación polo seu titular, da cal dará conta ó presidente e xunta directiva da F.G.J.

TÍTULO VIII

Da modificación de estatutos

Artigo 45º

Os estatutos da Federación Galega de Judo e D.A., só poderán ser modificados por acordo da asemblea xeral, logo de inclusión expresa na orde do día. Acompañarase á convocatoria o texto da modificación.

Artigo 46º

A proposta de modificación dos estatutos poderá ser presentada á asemblea xeral por:

a) A xunta directiva.

b) A comisión delegada.

c) O 25% dos membros da asemblea xeral.

TÍTULO IX

Da disolución e da Federación Galega de Judo e D.A.

Artigo 47º

A Federación Galega de Judo e D.A., disolverase polas seguintes causas:

a) Por acordo adoptado de dous tercios da totalidade dos membros da asemblea xeral.

b) Por resolución xudicial firme.

c) Polas demais causas que determinen as leis.

Artigo 48º

1. Unha vez acordada a disolución da federación e ratificado o acordo polo organismo competente da Xunta de Galicia procederase á liquidación do seu patrimonio.

2. A asemblea xeral, deberá elixir unha comisión liquidadora de cinco membros.

3. A comisión liquidadora someterá a proposta de liquidación á aprobación da asemblea xeral, que resolverá por maioría simple.

Artigo 49º

Unha vez producida a liquidación do patrimonio neto será destinado ós fíns de carácter deportivo que determine o organismo competente da Xunta de Galicia.

9602475