Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

EDICTO.

De conformidade co disposto na disposición transitoria primeira da Lei 7/1995, do 29 de xuño, aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación, na sesión do 23 de decembro de 1995, a modificación da ficha que corresponde ó apartado 9) Xestión da memoria xustificativa do PXOU das Neves, no subapartado g) Centro de día da terceira idade e gardería, esta queda redactada da seguinte forma:

«Centro de día da terceira idade e gardería.

Situación: Casa da Escaleira.

Obxecto: rehabilitación e conservación da escaleira. Obtención de equipamento.

Superficie: 500 m.

Iniciativa: municipal e Consellería de Traballo e Benestar Social (hoxe Consellería de Sanidade e Servicios Sociais).

Sistema de actuación: propiedade municipal.

Edificabilidade: 1,5 m/m.

Observacións: na proposta arquitectónica que se vai realizar, será obrigatorio o uso de pedra nas fachadas e tella curva na cuberta».

Asemade, publícase o cadro comparativo da regulación actual (trala modificación) coa situación anterior:

Superf.Edific.Alt.Sup.

Edif.

Tipoloxía

Ant.900 m 1 m/mB+1900 mIllada
Modif.500 m1,5 m/mB+1750 mEncostada

O que se fai público para os efectos do artigo 8º d) da citada lei.

As Neves, 22 de febreiro de 1996.

Oswaldo-Lino González Pereira

Alcalde-presidente

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273