Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto e con tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia consistente nos traballos de gravación dos cuestionarios do padrón municipal de habitantes e o de estatística de poboación dos concellos de Galicia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de asistencia polo procedemento de concurso público aberto e con tramitación de urxencia, suxeito ás seguintes bases:

Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia consistente nos traballos de gravación dos cuestionarios do padrón municipal de habitantes e o da estatística de poboación de Galicia.

Orzamento: 100.000.000 de ptas. IVE incluído.

Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o día 15 de novembro de 1996.

Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de claúsulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría C.

Fianza provisional: 2.000.000 de ptas.

Fianza definitiva: 4.000.000 de ptas.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

9601654