Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto e con tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia consistente nos traballos de campo para a recollida de prezos agrarios en explotacións de leite.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anunciase a licitación dun contrato de asistencia polo procedemento de concurso público aberto e con tramitación de urxencia, suxeito ás seguintes bases:

Obxecto do contrato: contratación dunha asistencia consistente na recollida mensual de información de prezos agrarios percibidos e pagados nas unidades integrantes da rede de explotacións de leite no período febreiro/novembro 96.

Orzamento: 14.177.000 ptas. IVE incluído.

Entidade contratante: Instituto Galego de Estatística.

Procedemento e forma de adxudicación: concurso público aberto e con tramitación de urxencia.

Prazo de execución: desde a data da sinatura do contrato ata o día 23 de decembro de 1996.

Documentación de interese para os licitadores: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela.

Presentación de ofertas: presentaranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte o da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 á 14 h, ou ben na forma prevista no Art. 100 do Regulamento de contratos do Estado.

Apertura de proposicións: o sexto día seguinte hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Clasificación esixida: grupo I, subgrupo 3, categoría A.

Fianza definitiva: 567.080 ptas.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 1996.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Gallego de Estadística

9602579