A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número de expediente: 2/96.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: realización do servicio de limpeza e lavandería.
b) División por lotes e número: ...
c) Lugar de execución: residencia de tempo libre do Carballiño.
d) Prazo de execución: desde o 1 de xuño ata o 31 de outubro de 1996, ámbolos dous incluídos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 5.327.000 ptas.
5. Garantías:
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense 32004.
d) Teléfono: (988) 38 60 86.
e) Telefax: (988) 38 60 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: de acordo co criterio do ofertante dentro do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos:...
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que se debe presentar: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la sua oferta:...
e) Admisión de variantes:...
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das mesmas terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 12.
10. Outras informacións:...
11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 1 de abril de 1996.
P.D.(Orde 30-12-1993)
José Sotelo Presas
Delegado provincial Actal. (D. 2/1994 do 13 de xaneiro)
9602578