Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público polo procedemento aberto, trámite de urxencia, para a explotación do servicio de cafetería da residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Número de expediente: 1/96.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: explotación do servicio de cafetería.

b) Lugar de execución: residencia de tempo libre do Carballiño.

c) Prazo de execución: desde o 1 de xuño ata o 31 de outubro de 1996, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación:

Importe total: 130.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense 32004.

d) Teléfono (988) 38 60 86.

e) Telefax:: (988) 38 60 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información:...

7. Requisitos específicos do contratista:

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e melloras na lista de prezos.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la sua oferta:...

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.

c) Localidade: Ourense.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura delas terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 12.

10. Outras informacións:...

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 28 de marzo de 1996.

P.D.(Orde 30-12-1993)

Isidro J. Cabero Juárez

Delegado provincial de Ourense

2601