Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira Soledad.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise público o acordo da Comisión Galega do Medio Ambiente, do 17 de xaneiro de 1996, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira Soledad, sita en terreos do termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo, promovido por José Ramón Fernández Cobo, que se transcribe como anexo a esta resolución.

Lugo, 2 de febreiro de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Acordo do 17 de xaneiro de 1996, da Comisión Galega do Medio Ambiente, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira Soledad, sita en terreos do termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo, promovido por José Ramón Fernández Cobo.

No Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG do 25 de setembro de 1990), da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, establécese a obriga de formular Declaración de Impacto Ambiental (DIA) con carácter previo á resolución administrativa que adoptará o órgano substantivo para a autorización da actividade obxecto do proxecto.

O proxecto consiste na explotación da canteira Soledad para extracción de áreas (recurso de sección A) con destino á construcción en xeral.

O anexo I contén un resumo do proxecto de explotación.

O anexo II contén as medidas correctoras e protectoras propostas no estudio de avaliación do impacto ambiental.

O anexo III contén un resumo do plan de restauración e do plan de vixilancia ambiental, propostos no estudio.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 3 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, e con data do 29 de setembro de 1995, someteuse a información pública, durante 30 días, o estudio de impacto ambiental.

Como resultado desta, consta a presentación de alegacións polo Colectivo Ecoloxista para a Defensa de Natureza (Cedenat).

O anexo IV contén un resumo das alegacións presentadas no período de información pública. No que procede, as ditas alegacións foron tidas en conta no contido da presente declaración.

Consúltanse, así mesmo, as direccións xerais de Industria, Calidade Medioambiental e Urbanismo, Montes e Medio Ambiente Natural, Saúde Pública e Patrimonio Histórico e Documental.

O resultado das consultas realizadas encóntrase contido no anexo V da presente declaración.

Completada a tramitación, a Comisión Galega do Medio Ambiente, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 442/1990, formula a DIA do proxecto de explotación da canteira denominada Soledad, sita en terreos do termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo, promovido por José Ramón Fernández Cobo.

O órgano substantivo para este proxecto é a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e o órgano ambiental, a Comisión Galega do Medio Ambiente.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Comisión Galega do Medio Ambiente establece pola presente declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minorización dos posibles efectos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación e instalacións comprendidas dentro da área xeográfica definida nos planos do proxecto de referencia. Para outras zonas ou áreas para explotar precisaríase unha nova declaración.

1. Protección da atmósfera.

1.1. Dado que nas inmediación da explotación se atopan diversos núcleos rurais así como casas illadas, e co fin de evita-los posibles efectos negativos que sobre a poboación puidese telo por xerado pola explotación, adoptaranse as medidas necesarias de

forma que nas vivendas máis próximas (uns 100 m) pertencentes ó lugar de Pereiros, se cumpra que:

1.1.1. Os niveis de partículas sedimentables no superarán os límites establecidos polo Decreto 833/1975, para zonas habitadas, de 300 mg/m (concentración media en 24 h).

1.1.2. As partículas en suspensión, medidas polo procedemento gravimétrico, no superarán os niveis impostos polo Real decreto 1321/1992 (300 ug/m), e o seu valor medio anual non superará os 150 ug/m.

2. Protección da paisaxe.

2.1. Dado que a zona onde se proxecta situa-la explotación pode resultar visible desde os núcleos de poboación próximos, así como desde as vías de comunicación que discorren próximas a ela, e co fin de aminora-lo impacto paisaxístico, rodearase a totalidade da explotación dunha pantalla vexetal, formada a partir de especies arbustivas e arbóreas autóctonas, cunha disposición en triángulo de, polo menos, catro liñas de árbores en marco de plantación de 1 m.

2.2. Así mesmo, respectarase, en todo momento, aquela vexetación que, atopándose nos límites da explotación, sirva como pantalla visual de acústica e como barreira contra o po.

3. Plan de restauración.

3.1. O plan de restauración proposto considérase axeitado e deberá pórse en práctica e levarse a cabo, de xeito progresivo, de forma tal e como consta no documento presentado, imprescidible para conseguir-la recuperación integral da zona impactada co seu contorno e mante-la calidade paisaxística do lugar.

4. Documentación adicional.

4.1. O promotor remitira, anualmente e ata a finalización dos traballos, á Comisión Galega do Medio Ambiente, a través do órgano sustantivo, os seguintes informes:

4.1.1. Resultado das medicións dos niveis de inmisión de partículas sedimentables e de partículas en suspensión, de acordo co exposto no punto 1.1 da presente declaración.

4.1.2. Actuacións levadas a cabo relativas á integración paisaxística da explotación, de acordo co exposto no punto 2.1 da presente declaración.

4.1.3. Reportaxe fotográfico sobre os traballos de recuperación ambiental realizados no correspondente ano.

5. Condicións adicionais.

5.1. O órgano substantivo fixará un aval para garanti-lo cumprimento do plan de restauración e que poderá ser acumulativo se se considera axeitado. Este aval será renovado, en función do cumprimento, por parte do promotor do plan de restauración.

5.2. As condicións indicadas neta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento parta promotor. Nembargantes, o promotor poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas nesta declaración co obxecto de

modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnolóxicamente presentasen graves deficiencias para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas proposta permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración. Nesta circunstancia, o promotor solicitarallo, tres meses despois de serlle enviada a presente declaración polo órgano substantivo, á Comisión Galega do Medio Ambiente, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliarase, comunicándolle o acordo adoptado á empresa promotora.

5.3. Se, unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico, sobre o medio ambiente, o órgano sustantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Comisión Galega do Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos e se corrixan estas.

5.4. Do mesmo xeito, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor dos labores de restauración previstos, será causa suficiente para que se proceda ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

5.5. O presente acordo adoptado por esta comisión non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes para levar a cabo a actividade.

5.6. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1996.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO DE EXPLOTACIÓN

O proxecto consiste na explotación dunha canteira para a extracción de área con destino á construcción en xeral.

A explotación encóntrase situada na paraxe de San Pedro, lugares de Pereiro e Picota, parroquia de Benquerencia, concello de Barreiros, na provincia de Lugo.

Trátase da explotación dunha capa sedimentaria de área, cunha potencia duns 2,50 m.

A explotación efecturase a ceo aberto e será do tipo de transferencia. Os 2,50 m de capa de área extraeranse en retirada, con entrada da pala retroescavadora e camión, sobre a capa de área ó fondo da excavación. Os taludes terán unha altura máxima de 4 m.

A área extraída pásase por unha criba, en seco, para elimina-los grosos e arxila.

O predio de que se dispón ten unha superficie de 20.000 m aproximadamente, cunha superficie útil duns 13.700 m.

O volumen de área extraíble cífrase nuns 23.290 m, cunha producción de estériles duns 72.610 m, estando prevista a explotación para uns 10 anos.

ANEXO II

MEDIDAS CORRECTORAS E PROTECTORAS PROPOSTAS NO ESTUDIO DE AVALIZACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL

Protección da atmósfera.

Instalación de silenciadores nos equipos móbiles.

Recubrimentos e emprego de tacos de goma na criba, co fin de minimiza-lo ruído.

Mantemento axeitado da maquinaria empregada.

Mantemento da pista de acceso e rego nas épocas de seca.

Reducción da velocidade dos camións e da pa na zona.

Rego dos materiais acumulados nas épocas secas.

Reducción ó mínimo posible do tempo entre excavación e revexetación.

Retirada das pistas do material formado por acumulación de po.

Revexetación simultánea e progresiva dos ocos recheos.

Protección das augas.

Recubrirase o oco producido trala retirada da área coa arxila extraída.

Recollida e almacenamento axeitado dos lubricantes empregados e restos de gasóleo, que se lle entregarán a un xestor autorizado.

Reducción ó mínimo posible do terreo empregado na escavación.

Construcción de canles perimetrais para a recollida das augas pluviais.

Aumento da permeabilidade da arila cunha menor compactación admitindo unha maior filtración.

Protección do solo.

Retirada e provisión, en cabalóns de altura no superior a 1,80 m, da terra vexetal das zonas ocupadas da explotación.

Revexetación rápida dos terreos afectados, para evitar perdas de solo.

Evita-la edificación do solo mediante a plantación de frongosas e coníferas.

Protección da vexetación e a fauna.

Protección axeitada da vexetación e arboredo existente na periferia da zona.

Creación de zona verde co fin de procurar abeiro á fauna.

Creación, coa plantación de arboredo, dunha barreira de solo.

Protección da paisaxe.

Ampliación da pantalla arbórea existente nas zonas norte e sur, de forma que se impida a visión da explotación desde a estrada N-634, praias e vivendas próximas.

Eliminación de toda a infraestructura unha vez finalizada a explotación.

Remodelación das formas finais do terreo, por fases de explotación de xeito que garden consonancia coas do entorno.

ANEXO III

RESUMO DO PLAN DE RESTAURACIÓN E PLAN DE VIXILANCIA AMBIENTAL

O terreo final da zona de explotación volverá a ter unha pendente do 3-4%, despois de ser modelado e conformado segundo o contorno. As arxilas superiores extraídas debido ó proceso mineiro, e despois utilizadas como recheo, ofrecerán a suficiente drenaxe, ó sufriren una forte descompactación. O recheo realizarase por capas sucesivas de forma que non superen o espesor de 1 m co fin de evita-lo afundimento incontrolado.

Proponse como alternativa o uso forestal do terreo, cunha plantación mestura de coníferas e frondosas como piñeiro marítimo, eucaliptos, e algúns amieiros.

As operacións finais que se levarán a cabo son: descompactación, emendas calcarias, estendido da terra vexetal, uso de fertilizantes, plantación e sementeira.

Ó final da explotación levaranse a cabo, así mesmo, as seguintes operacións:

-Desmonte da nave e retirada da criba, grupo electróxeno, liñas eléctricas, cinta transportadoras e servicios hixiénicos.

-Destruiranse cantas bases e construcción de formigón existan.

-Procederase á limpeza de toda a superficie do predio de materiais non degradables e a ocultación de cantos materiais degradables existan.

-Eliminaranse tódalas canles de recollida de auga que resulten innecesarias.

-Procederase á recollida da grava da zona de acumulado para o seu emprego na mellora das pistas de acceso.

O plan de restauración presentado consta, así mesmo de orzamento dos labores e cronograma das actuacións.

Programa de vixilancia ambiental.

Presentarase anualmente, e como anexo ó plan de labores, un resumo das actuacións que se levarán a cabo na recuperación, que conterá:

-A producción obtida no ano e grao de cumprimento da previsión.

-Oco producido, en m, coa situación sobre o plano, e auscultación de taludes.

-Superficie de terreo novo utilizado e superficie de terreo restaurado.

-Terra vexetal retirada e situación do seu almacenamento.

-Medidas contra o po e ruído.

-Vixilancia das augas superficiais.

ANEXO IV

ALEGACIÓNS PRESENTADAS NO PERÍODO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

O Colectivo Ecoloxista para a Defensa da Natureza (Cedenat), en escrito presentado ante a Delegación

Provincial de Industria de Lugo, en data 13 de novembro de 1995, expón as seguintes consideracións:

1. Dado que o proxecto de explotación foi sometido ó Decreto 442/1990, non resulta admisible que a redacción do estudio de impacto ambiental que se presenta a información pública indique que se pretende cumpli-lo establecido no Decreto 327/1991. Por tanto, o estudio deberá ser redactado de novo a súa totalidade.

2. O estudio detallado dos elementos do medio biótico que poderían ser afectados pola actividade non pode ser en xeito ningún substituído por relacións ou parágrafos copiados ou tomados de obras de carácter máis ou menos xeral.

3. Na redacción do estudio non se distinguen os efectos positivos dos negativos, os temporais dos permanentes, os simples dos acumulativos, os directos dos indirectos, os reversibles dos irreversibles, os recuperables dos irrecuperables, os periódicos dos de aparición irregular, os continuos dos discontinuos.

4. Ó relaciona-las medidas correctoras e protectoras non se indica máis que unha sinxela declaración de intencións ou obxectivos. Tamén se indica a realización de medidas de restauración sen acompaña-la preceptiva relación, descrición, detalle a calendario ou cronograma de execución.

ANEXO V

RESULTANDO DAS CONSULTAS REALIZADAS SOBRE O IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO

Do contido dos informes recibidos cabe destaca-las seguintes consideracións:

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo considera necesaria a plantación dunha pantalla visual ó longo do perímetro do predio antes do comezo da actividade, con exemplares de porte suficiente para que esta función se realice axeitadamente. Así mesmo deberán considerarse actuacións tales como a ordenación da actividade, control da rede de drenaxe, provisión e conservación do solo, reutilización e rexeración nos labores de rehabilitación da zona afectada, preparación dos terreos para a revexetación con emendas ou melloras edáficas e tratamento de taludes en xeral.

A Dirección Xeral de Montes e M.A.N considera necesaria a plantación dunha pantalla arbórea arredor da zona de explotación co fin de contrarresta-la deterioración paisaxística.

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa favorablemente a realización do devandito proxecto.

A Dirección Xeral de Industria informa favorablemente o estudio ambiental presentado establecendo, non obstante, as seguintes condicións:

Os niveis de emisión de partículas sólidas non superarán os límites establecidos no Decreto 833/1975. Regaranse regularmente as pistas e superficies utilizadas. A composición dos gases dos

valores regulamentados. A velocidade da maquinaria móbil, dentro da explotación, non superará os 15 km/h.

Respectarase sistematicamente todo tipo de vexetación existente e que sirva como pantalla visual e acústica.

No referente ás pistas e vías, e no tocante ás condicións ambientais, cumprirase o disposto na ITC 07.1.03.

Prohíbese expresamente calquera depósito, vertido ou acumulación de residuos, tanto na zona de explotación como en terreos adxacentes. Os aceites usados deberán entregárselle a un xestor autorizado.

1772