Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.190

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1996, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental da solicitude de concesión derivada do permiso de investigación Nuestra Señora de Pastoriza número 6.615.1.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise público o acordo da Comisión Galega de Medio Ambiente, do 30 de novembro de 1995, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito da concesión derivada Nuestra Señora de Pastoriza, número 6.651.1, ubicada no concello de Arteixo (A Coruña), e promovido por Arenas e Gravas, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

A Coruña, 9 de xaneiro de 1996.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación presentada, a Comisión Galega de Medio Ambiente establece pola presente declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio de impacto ambiental, de forma que se asegure a minoración dos posibles efectos ambientais negativos, fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

A presente declaración refírese, en exclusiva, ás actuacións mineiras de explotación e instalacións comprendidas dentro da área xeográfica definida nos planos do proxecto de referencia. Para outras zonas ou áreas para explotar precisaríase unha nova declaración.

Protección do sistema hidrolóxico.

Dada a posible incidencia que sobre a escorrentía superficial poderían te-los traballos de retirada da cuberta vexetal e os movementos de terra derivados da propia actividade extractiva e debido a que a dita escorrentía podería afectar á capa freática subxacente, deberán adoptarse as seguintes medidas:

Tanto o sistema de drenaxe como a balsa de decantación previstas realizarase con materiais non contaminantes e que garantan a perfecta estanquidade do circuíto.

O baleirado e limpeza de sedimentos de balsa de decantación realízase cada vez que a profundidade, medida entre sedimentos e lámina de auga, sexa inferior a 1 m, de xeito que se manteña sempre a súa capacidade de almacenamento.

No caso de que co emprego do sistema de decantación previsto, a auga non saia suficientemente limpa, incumprindo o establecido na Lei de augas e outras disposicións legais relativas á calidade das augas residuais de efluentes hídricos procedentes

de actividades industriais, deberase recorrer a outras técnicas ou instalacións de depuración que aseguren a calidade do verquido hídrico.

As augas residuais que se poidan xerar nos servicios hixiénicos destinados ós operarios, deberán ser conducidas a unha rede de saneamento municipal ou ben unha fose séptica ou outro sistema de tratamento axeitado.

-Disporase na entrada da zona de explotación dunha pequuna balsa con equipo de labado de rodas, conectada á rede xeral da drenaxe, co fin de limpa-los vehículos de estrada que saian do emprazamento da explotación.

Protección do solo.

-Co fin de que a terra vexetal extraída non perda as súas cualidades fisicoquímicas e de capacidade biolóxica, deberáselle adica-los seguintes coidados:

a) Ás provisións de terra vexetal non se deberán mesturar coas provisións de estériles, excepto coas fraccións destes equivalentes en granulometría, e sempre e cando se acaden condicións de textura e estructura axeitadas para a implantación vexetal.

b) A altura da cemba, virá dada en función da estructura do solo extraído, de forma que a presión das capas superiores sobre as inferiores non supoña unha alteración deste polo que se recomenda que a devandita altura non supere os dous metros.

c) As cembas situaranse nas zonas da explotación onde sexa menos probable a súa deterioración por erosión hídrica e eólica, e non poidan ser afectadas pola circulación da maquinaria.

Protección do patrimonio arqueolóxico.

Dado que nas inmediacións da zona de explotación se localiza o xacemento arqueolóxico GA15005022, incluído no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos de Galicia, calquera ampliación da explotación ou de actividades asociadas ó seu emprego, que supoñan remoción de terras e que se sitúen dentro do ámbito de protección dos 200 m no contorno do devandito xacemento, deberá ser informado pola Comisión Territorial do Patrimonio Histórico Galego da Coruña.

Así mesmo, calquera achado casual de restos arqueolóxicos deberá ser comunicado, de maneira inmediata, á Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental.

Plan de restauración.

O plan de restauración proposta considérase axeitado e deberá porse en práctica e levarse a cabo de xeito progresivo, de forma tal e como consta no documento presentado, imprescindible para consegui-la recuperación integral da zona impactada co seu contorno e mante-la calidade paisaxística do lugar.

A rehabilitación morfolóxica do oco creado deberá ser o máis próxima posible ó perfil topográfico primitivo. En calquera caso, e dado que o uso proposta na restauración dos terreos afectados é a rexeneración da vexetación natural da zona cun desenvolvemento agrícola extensivo mediante xeración de praderías e forestal, as pendentes máximas dos noiros serán 3(H):1 (V).

Revexetaranse e reforestaranse con especies autóctonas tódalas superficies que se modifiquen ou se creen, realizándose estas labouras anualmente para as zonas afectadas que non sexa necesaria a súa ocupación para a explotación ou para os servicios que implican.

As pistas de acceso á parcela incluírse no plan de restauración. Deberanse pechar e anula-las pistas e camiños propios da actividade, ó rematar esta, salvo que os fins da propiedade, unha vez realizada a restauración, impliquen a necesidade do seu mantemento. Así mesmo procederase, de ser necesario, ó acondicionamento da rede viaria utilizada para o transporte dos materiais provenientes da actividade.

Documentación adicional.

O promotor remitirá, a través do órgano substantivo, á Comisión Galega do Medio Ambiente, e no mes de xaneiro de cada ano natural, un informe que describa, polo menos. desenvolvemento do programa de vixilancia ambiental previsto, así como unha reportaxe topográfica que reflicta o estado da explotación, así como das accións de restauración levadas acabo.

Condicións adicionais.

Ó órgano substantivo fixará un aval, para garanti-lo cumprimento do plan de restauración que poderá ser acumulativo se se considera axeitado. Este aval, será renovado en función do cumprimento por parte do promotor do plan de restauración e o plan de labores anual.

As condicións indicadas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para o promotor.

Nembargantes, a empresa promotora poderá solicitarlle ó órgano ambiental a revisión das medias indicadas nesta declaración co obxecto de modifica-las ou cambia-las por outras, naqueles supostos que tecnolóxicamente presentaran graves deficiencias para a súa implantación ou implicarán modificacións importantes na actividade industrial, e sempre e cando as novas medidas proposta permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, a empresa promotora solicitarao á Comisión Galega do Medio Ambiente, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitudes remitiranse tres meses despois de serlle enviada a presente declaración polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas, comunicando o acordo adoptado á empresa promotora.

Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou a solicitude da Comisión Galega do Medio Ambiente, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e se corrixan estas.

Do mesmo xeito, o incumprimento total ou parcial por parte do promotor das labouras de restauración

previstas serán causa suficiente para que se proceda ó peche cautelar e a adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

O presente acordo, adoptado por esta comisión, non exime ó promotor de solicitar tódolos permisos necesarios dos organismos competentes, para levar a cabo a actividades.

O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

Santiago de Compostela, 30 de movembro de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega de Medio Ambiente

Visto e praze

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente da Comisión Galega do Medio Ambiente

1904