Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.174

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (247/1995).

En virtude do disposto polo xuíz deste xulgado, por resolución do día da data, dictada nos autos de xuízo voluntario de testamentaría que neste xulgado se segue baixo o número 247/1995, por instancia de Esther Vila Vilas, representada polo procurador Jesús Raposo Quintas, cítase a José Vila Vilas e Herminia Vila Vilas, dos que se descoñecen os domicilios, como herdeiros de Avelino Vila Brenlla, para que compareza por si ou por medio de procurador con poder declarado bastante ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, sito na rúa do Carme, 3-baixo, no prazo de dez días, a usar do seu dereito no referido xuízo e no

caso de que falecese, poderán comparece-los seus herdeiros, coas prevencións de que se non comparecen se continuará o xuízo sen volvelos citar.

Para que conste e sirva de citación en forma ós expresados demandados que se atopan en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no taboleiro de anuncios e no DOG, expido o presente edicto en Negreira, 22 de decembro de 1995.

O secretario xudicial

Rubricado

9602044