Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (361/1995).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, en autos de xuízo de medidas provisionais, seguidos neste xulgado co número 361/1995, por instancia de Rosa María Crujeiras Bóveda, representado pola procuradora Peleteiro Bandín, en quenda de oficio, por medio da presente cédula cítase o esposo demandado Juan Bautista Sanles Paz co fin de que o día 30 de abril de 1996, ás 10 horas, compareza neste xulgado para a celebración da comparecencia sinalada na lei, baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía e de recaer sobre el os demais prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Fáiselle saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Para que sirva de citación en forma ó referido demandado, expido e asino a presente cédula en Ribeira, doce de marzo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria xudicial

Rubricado

Parte demandada que se cita: Juan Bautista Sanles Paz

96-1867