Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.174

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1996 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos a prazas de profesorado desta universidade convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 31 de xullo de 1995 (40/1995).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo de data 31 de xullo de 1995 (BOE do 22 de agosto) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 5 de marzo de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza de: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Praza número: 40/1995.

Comisión titular:

Presidente: Domingo Docampo Amoedo, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretaria: Mª Carmen García Mateo, profesora titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

Jesús Sánchez Miñana, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Alberto Izquierdo Fuente, profesor titular de universidade. Universidade de Valladolid.

Luis Alfonso Hernández Gómez, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Antonio García Pino, catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

Vocal secretario: Fernando Pérez González, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Vocais:

José Bernardo Mariño Acebal, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

José Tomás Entrambasaguas Muñoz, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

José Luis Sanz González, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

9601576