Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 09 de abril de 1996 Páx. 3.168

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 1 marzo de 1996 pola que se fai pública a caducidade da concesión administrativa titularidade de Francisco Carabel Balsa, sita en Souto-Bergondo (Ría de Betanzos).

Visto o expediente de caducidade incoado a Francisco Carabel Balsa, na súa condición de titular da concesión administrativa seguinte:

Tipo de establecemento: parque de cultivo.

Especie autorizada: ameixa.

Situación: Souto-Bergondo (Ría de Betanzos).

Ocupación dominio público: 10.000 m.

Data da concesión: 13-2-1974.

Vixencia ata: 27-2-1984.

Resulando que, con data do 27-2-1985, o interesado solicita prórroga da concesión administrativa por un período de 10 anos, fóra do prazo establecido, solicitude da que non existe constancia no expediente de que fora atendida.

Resultando que o 18-3-1993, presumindo que a anterior solicitude fora atendida, solicita un novo período de 10 anos de prórroga da concesión. Esta solicitude é remitida para informe á Dirección Xeral de Costas, do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente, que o 11-4-1995, contesta ofertando ó interesado as condicións nas que se outorgaría a prórroga.

Resultando que comunicadas a Francisco Carabel Balsa as citadas condicións para a súa aceptación, este contesta en escrito de 2-6-1995 que, debido á nula productividade do parque, renuncia á prórroga da súa concesión.

Resultando que, con data 4 de xaneiro de 1996, o titular da concesión presentou escrito de renuncia a dita concesión.

Considerando que o artigo 90.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, di: «Todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando isto non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos».

Considerando que o artigo 91.2º da mesma lei, indica que a Administración deberá aceptar de plano a renuncia.

Considerando que tanto a renuncia do interesado como o vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitara e concedera a prórroga, son causas de extinción da concesión, segundo se recolle no artigo 72, apartado b) e c) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Considerando que o delegado territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña, propón que se acepte a renuncia formulada por Francisco Carabel Balsa, e en consecuencia se declare caducada a concesión outorgada o 13-2-1974 (BOE do 27-2-1974).

Considerando que o expediente tramitouse conforme a dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas, Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de maris

queo, extracción de algas e cultivos mariños e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería acorda, en exercicio das súas atribucións e competencias, caduca-la supracitada concesión, ordenando a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e notificación ó interesado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte hábil ó da recepción desta notificación, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, e demais concordantes sobre a materia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1996.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

2218