Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Olveira número 1.
Cultivo: mexillón.
Localización: Caramiñal C, cuadrícula nº 80.
Data da concesión: 5-11-1976.
Data do remate da última prórroga: 3-12-1996.
Anterior concesionario: José Ramón Castro Romero e Encarnación Castro Ortigueira.
Novo titular da concesión: Encarnación Castro Castro.
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
A Coruña, 14 de marzo de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Jesús Espada Martínez
Delegado territorial da Coruña
9602328