Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 29 febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución dos procedementos sancionadores de incendios, (expedientes números 086I/1995, e 102I/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución dos procedemen

tos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE

nº 294 do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

De non efectuaren o pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitirase ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 29 de febreiro de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

Expediente: 086I/1995.

Denunciado: Calvo Cobas, Ricardo.

DNI: 33.184.003.

Último enderezo coñecido: Lavacolla, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: queima sen autorización.

Tipificación, regulamento incendios:

Artigo: 137 B.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 10.000.

Expediente: 102I/1995.

Denunciado: Capelán Vázquez, Baldomero.

DNI: 32.193.238.

Último enderezo coñecido: Pg. Elviña, 2 fase B, 10, 6, A Coruña.

Feito denunciado: queima con autorización pero sen adopta-las precaucións establecidas naquela.

Tipificación, regulamento incendios:

Artigo: 138 C.

Cualificación: moi grave.

Sanción proposta: 50.000.

2273