Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 18 marzo de 1996 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, a contratación dos servicios: seguridade no C.G.A.C. e limpeza no C.G.A.C.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar,

polo sistema de concurso, procedemento aberto, os servicios que se citan:

-Servicio de limpeza no Centro Galego de Arte Contemporánea:

Orzamento de licitación: 3.500.000 ptas. (tres millóns cincocentas mil pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

-Servicio de seguridade no Centro Galego de Arte Contemporánea:

Orzamento de licitación: 8.000.000, de ptas. (oito millóns de pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Nos devanditos servicios non se esixe fianza provisional.

Exposición dos pregos de cláusulas administrativas e pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, e nas delegacións provinciais da Consellería de Cultura, durante o prazo de presentación das proposicións de 10 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: será de 26 días naturais contados a partir da publicación da presente resolución no DOG.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Cultura, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na clásula 7.2 do prego de clásulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe dos anuncios dos presentes concursos correrán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral da Consellería de Cultura

1856