Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (expediente IN407A 96/36-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Enderezo social: Hórreo, 94, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. de 66 kV de subestación Cabana a subestación Malpica.

Situación: Cabana-Ponteceso-Malpica.

Descricións técnicas: anteproxecto de instalacións eléctricas consistentes en: liña eléctrica aérea de alta tensión, a 66 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180, de 181,6 mm e conductor de terra AWG 7-8 de 58,56 mm, de 10.800 m de lonxitude, con orixe na futura subestación do parque eólico de Malpica e final na subestación de Cabana de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., discorrendo polos concellos de Malpica, Ponteceso e Cabana.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 18 de marzo de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1918