Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de citación (239/1996).

Pola presente cédula e en virtude do acordado nesta data polo xuíz do social número catro María Sol López Martínez, substituta, nos autos rexistrados co número 239/1996 de orde, seguidos por instancia de Pedro Camiños Rodríguez e outros contra Construcciones Generales, El Caudal, S.L. por despido, para o día vintecinco de abril ás 12 horas, cítase a representación legal de Construcciones Generales, El Caudal, S.L. que tivo o seu domicilio social na Coruña e hoxe en paradoiro ignorado, en única convocatoria, para que acompañado de tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na rúa Monforte s/n da Coruña co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoo de que a copia da demanda se atopa ó seu dispor neste xulgado.

Dado na Coruña vinteún de marzo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

2577