Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (350/1995-V).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de xuízo de faltas número 350/1995-V, sobre insultos e ameazas. Por medio da presente cédula cítase a Carmen Tuñez Martínez co fin de que compareza na sala de audiencias deste xulgado, sito no Palacio de Xustiza, 1ª planta, sala de audiencias nº 4 (polígono das Fontiñas) o vindeiro día vinteseis de abril ás doce e dez horas, e para tal efecto deberá/n concorrer cos medios de proba de que se intente/n valer, baixo apercibimento de que se non o fixese recaerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito.

E para que sirva de citación en forma ós mencionados demandados e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1996.

O secretario

Rubricado

2407