Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.140

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (40/1996).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada no xuízo de faltas 40/1996, sobre tentativa de furto, cítase a Breixo López Penado, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado, o vindeiro día 9 de abril de 1996, ás 11.15 horas, para asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952, podendo facelo acompañado de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela, vintesete de marzo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Castiñeiras Fernández

Secretario do xulgado

2410