Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (190/1995).

En virtude do acordado nos autos de xuízo verbal civil número 190/1995, seguidos neste xulgado por instancia de Delfina Neira Picallo, representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra Manuel C. González Silvaredonda e Athena, Cía de seguros e reaseguros, sobre reclamación de cantidade por danos ocasionados en accidente de tráfico, pola presente cédula cítase o demandado en ignorado para

doiro Manuel C. González Silvaredonda, para que o próximo día trinta de abril ás dez trinta horas da súa mañá, compareza perante este xulgado para a celebración do xuízo verbal, baixo apercibimento de que de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e para os efectos da súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de citación en legal forma o demandado Manuel C. González Silvaredonda, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente cédula, en Santiago de Compostela, o vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

2610