Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 08 de abril de 1996 Páx. 3.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de alargamento e mellora de trazado da estrada da Estrada a Forcarei, treito: variante de Codeseda, clave N/PO/91.4.1.2.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras a realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de data 15 de febreiro de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de febreiro de 1996, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por

estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que a continuación se cita, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Lugar: Casa do Concello da Estrada.

Día: 22 de abril de 1996.

De 9.30 a 13.30 horas: do predio nº 001 ó predio 048.

De 16 a 18 horas: do predio nº 049 ó predio 070.

Día: 23 de abril de 1996.

De 9.30 a 13.30 horas: do predio nº 071 ó predio 128.

De 16 a 18 horas: do predio nº 129 ó último predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da constribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación corres

pondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 25 de marzo de 1996.

Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe

1879