Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización dos polígonos IV e 5 do peri II-12 Florida B.

O Pleno deste Concello, na súa sesión do 8 de febreiro de 1996, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización dos polígonos IV e 5 do peri II-12 Florida B (3950/401), redactado polos arquitectos Davila Alonso, Jiménez López, Meijida Rico, de Labra Morán e Pena Fernández, con visados do COAG do 18 de outubro e 29 de novembreo de 1995.

O que se somete a información pública polo prazo de quince días, coa publicación do anuncio no DOG, BOP, nun xornal dos de maior difusión e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, ademais da notificación persoal ós interesados.

De non presentarse alegacións na exposición pública, o proxecto, automaticamente, considerarase aprobado definitivamente, sen necesidade de máis acordo.

A documentación do expediente está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información urbanística e pódense presentar alegacións desde a primeira publicación deste anuncio ata a fin do prazo de exposición logo do derradeiro anuncio.

Vigo, 19 de febreiro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2484