Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OZA DOS RÍOS

BASES que rexerán a convocatoria para provisión en propiedade, por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha praza de administrativo de Administración xeral deste concello.

Primeira.-Obxecto.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, por promoción interna, mediante o

sistema de concurso-oposición, dunha praza de administrativo de administración xeral deste concello, incluída na oferta de emprego público de 1994. A praza está encadrada na escala de administración xeral, subescala administrativa, pertencente ó grupo C, de conformidade co establecido na Lei 30/1984, do 2 de agosto.

A convocatoria publicarase integramente no BOP e no Diario Oficial de Galicia, anunciándose extracto dela no Boletín Oficial del Estado. Os anuncios sucesivos publicaranse soamente no BOP.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos ás probas selectivas, os aspirantes deben reuni-los seguintes requisitos, referidos á data en que remate o prazo de presentación de instancias:

a) Pertencer á subescala de auxiliares de administración xeral deste concello.

b) Estar en posesión do título de bacharelato superior, formación profesional de segundo grao ou equivalente.

c) Ter unha antigüidade de polo menos dous anos na subescala de auxiliares de administración xeral deste concello.

Terceira.-Solicitudes.

As instancias polas que se solicita tomar parte nas probas selectivas dirixiranse ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, durante o prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias poderán tamén presentarse na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Nas instancias farase constar expresamente que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos esixidos na base segunda da convocatoria.

Así mesmo, xunto coa instancia, os interesados presentarán a documentación acreditativa dos méritos que se valorarán na fase de concurso, e resgardo de teren aboados os dereitos de exame, que se fixan en 1.500 pesetas.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía-presidencia aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, concedendo un prazo de dez días para efectos de reclamacións. Se as houber, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución que aprobe a lista definitiva, que será así mesmo publicada na forma indicada.

Quinta.-Tribunal cualificador.

O tribunal que xulgue as probas estará composto do seguinte modo:

Presidente: o alcalde da corporación ou membro dela en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Vocais:

Un representante da Xunta de Galicia.

Un representante do corpo de funcionarios con habilitación de carácter nacional nomeado polo colexio provincial.

Un funcionario de carreira nomeado polo presidente da corporación.

A designación dos membros do tribunal incluirá a dos seus respectivos suplentes, e farase pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para efectos de recusación.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, titulares ou suplentes. En todo caso, requírese a asistencia do presidente e do secretario ou das persoas nas que deleguen.

Sexta.-Comezo e desenvolvemento das probas.

As probas selectivas non poderán dar comezo ata que transcorran dous meses desde a data data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. O día, hora e lugar de celebración do concurso e a oposición anunciarase no BOP. A publicación dos sucesivos anuncios faraa o tribunal no taboleiro de anuncios do concello.

Sétima.-Sistema de selección.

A selección farase mediante concurso-oposición. A fase de concurso será previa á de oposición.

a) Na fase de concurso valoraranse os méritos presentados polos aspirantes, ata un máximo de 10 puntos, segundo o seguinte baremo:

1. Antigüidade: por cada ano completo de servicio no grupo de orixe, 0,25 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Titulacións académicas: estar en posesión dalgunha titulación superior á esixida para participar na probas, 2 puntos.

3. Coñecementos informáticos: cursos de informática para funcionarios da Administración local, impartidos por organismos oficiais sobre sistema operativo UNIX, tratamento de textos Q-ONE, aplicación GIALIX ou calquera outro curso de informática, 1 punto por curso, ata un máximo de 4 puntos.

4. Coñecemento da lingua galega: curso de iniciación e perfeccionamento para funcionarios de Administración local, 0,5 puntos por curso, ata un máximo de 1 punto.

b) Fase de oposición: consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1. Contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, un cuestionario de preguntas baseadas no contido do programa anexo.

2. Realización, no prazo máximo dunha hora, dun ou varios supostos prácticos, propostos polo tribunal, en relación co programa anexo e que poderán consistir en exercicios de carácter informático.

Oitava.-Cualificación.

Os exercicios serán obrigatorios e eliminatorios. Cualificaranse ata un máximo de 10 puntos cada un deles, sendo necesario obter un mínimo de 5

puntos para superalos. O número de puntos que poderá outorgar cada membro do tribunal será de 0 a 10, e a cualificación de cada aspirante será o resultado de dividir polo número de compoñentes do tribunal a suma dos puntos obtidos. A cualificación definitiva virá determinada pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios.

Novena.-Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematadas as probas, o tribunal publicará a relación de aprobados, que non poderá ser superior ó número de prazas convocadas e elevaralle á presidencia da corporación proposta de nomeamento en favor do aspirante que obteña maior puntuación unha vez realizada a valoración do concurso-oposición.

O aspirante proposto presentará na secretaría do concello, no prazo de vinte días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados, a documentación acreditativa de reuni-los requisitos sinalados na base segunda.

Décima.-Toma de posesión.

Unha vez aprobada a proposta de nomeamento, o opositor nomeado tomará posesión do seu cargo no prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que lle fose notificado o nomeamento. En caso contrario, sen que mediase causa xustificada, quedará situación de cesante.

Décimo primeira.-Incidencias.

A presente convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma en que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro.

O tribunal queda facultado para resolve-las dúbidas que puidesen presentarse e adoptar resolucións, criterios ou medidas necesarias para a boa orde do concurso-oposición, naqueles aspectos non previstos nas presentes bases.

Para o non previsto na convocatoria, será de aplicación o disposto na Lei 7/1985, do 2 de abril, R.D.L. 781/1981, do 18 de abril, Lei 30/1984, do 2 de agosto, Regulamento xeral de ingreso na Administración pública e demais disposicións concordantes de aplicación.

ANEXO

PROGRAMA DE TEMAS

Tema 1. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización territorial do Estado na Constitución.

Tema 4. A Coroa. Funcións constiucionais do Rei. Sucesión e rexencia.

Tema 5. As Cortes Xerais. Composición, atribucións e funcionamento.

Tema 6. O poder xudicial na Constitución. A organización xudicial española.

Tema 7. A Administración central do Estado. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. A Administración periférica do Estado.

Tema 8. As comunidades autónomas. Constitución e competencias. Os estatutos de autonomía.

Tema 9. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A Administración autonómica: organización e estructura básica.

Tema 10. As fontes do dereito administrativo. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. A lei: clases.

Tema 11. O regulamento: clases. Outras fontes do dereito administrativo.

Tema 12. O procedemento administrativo. Principios xerais. Dimensión temporal: días e horas hábiles, cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 13. Fases de procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo. Os actos presuntos.

Tema 14. O acto administrativo. Concepto, clases e elementos.

Tema 15. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 16. Os recursos administrativos. Clases. Recursos ordinarios e de revisión. As reclamacións económico-administrativas.

Tema 17. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas. O principio de audiencia ó interesado.

Tema 18. As formas de actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 19. A intervención administrativa na propiedade privada. A expropiación forzosa.

Tema 20. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación actual. A autonomía local.

Tema 21. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 22. O municipio. O termo municipal. Empadroamento municipal.

Tema 23. A organización municipal. O concello: o alcalde, o pleno, a comisión de goberno e comisións informativas. Competencias.

Tema 24. Estructuras supramunicipais. As mancomunidades de concellos. A comarca.

Tema 25. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedemento de elaboración e aprobación. Os bandos. Réxime de sesións e acordos dos órganos locais.

Tema 26. O procedemento administrativo na esfera local. Rexistro de entrada e saída de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 27. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Réxime xurídico das licencias.

Tema 28. Os bens das entidades locais. Regulación. Concepto e clasificación. O dominio público local.

Tema 29. O patrimonio das entidades locais. Conservación e tutela dos bens.

Tema 30. O servicio público. Os modos de xestión.

Tema 31. A contratación administrativa na esfera local.

Tema 32. A función pública local. Cadros de persoal e relacións de postos de traballo. A oferta de emprego público. A selección dos funcionarios da corporación.

Tema 33. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Réxime económico. A Seguridade Social dos funcionarios locais. Referencia ó persoal laboral.

Tema 34. A facenda local. Ordenanzas fiscais. Clasificación dos ingresos.

Tema 35. Os orzamentos locais. Concepto e estructura. Formación e aprobación. As modificacións orzamentarias.

Tema 36. Réxime xurídico do gasto público local. Ordenación de gastos e orde de pagamentos, órganos competentes. Documentos contables.

Tema 37. Control e fiscalización da xestión económica. Control interno e control externo. A conta xeral: estados e anexos que a forman. Aprobación.

Tema 38. Libros de contabilidade. Obrigatoriedade e requisitos. A apertura da contabilidade.

Tema 39. O planeamento urbanístico. Clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 40. Intervención na edificación e uso do solo. A licencia urbanística. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas.

Oza dos Ríos, 29 de novembro de 1995.

José Ramón Peón Pérez

Alcalde

1986