Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial estudio de detalle U.E. II-14 Roade.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 12 de marzo de 1996 o estudio de detalle U.E. II-14 Roade (Expte. nº 3296/411), exponse ó público polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O acordo devandito establece ademais o seguinte:

-A proposta de parcelación e a adxudicación de edificabilidade que figura no ED debe considerarse meramente indicativa.

-Os gastos de conservación da urbanización e o mantemento das dotacións para lle entregar ó Concello de Vigo, serán por conta exclusiva da entidade promotora, constituíndose no seu momento unha entidade urbanística de colaboración, considerando incluídos no concepto de dotación os espacios da vía pública ocupada baixo rasante.

-Antes da aprobación definitiva do ED, deberá xustificarse documentalmente, polos promotores da actuación, o cumprimento dos criterios que para a relocalización de usos industriais se establecen no apartado 3.3.2.d das normas urbanísticas do PXOU.

-Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e domolición, a abranguida polo seu ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación; ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 27 de marzo de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde