Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan ás partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números 560/1995 e 561/1995, interpostos por María Teresa Torres Almón e Severo Suárez Vigo, respectivamente.

O día 25 de marzo de 1996 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os expedientes administrativos correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 560/1995 e 561/1995, interpostos por María Teresa Torres Almón e Severo Suárez Vigo, respectivamente, contra resolución desta dirección xeral desestimatoria da pretensión dos recorrentes de aboamento do complemento específico e mérito docente de educación especial.

En cumprimento do requerimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se des

coñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

96-2226