Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos números 378, 379, 380, 381, 382, 383, 384 e 385/1996, interpostos por María del Carmen Vecino Fernández, Francisca Fernández Perandones, Josefina Cid Garrido, Joaquín Ángel Guede Fernández, María del Carmen Gallego Cruz, Luis A. Barbosa Fernández, Adelaida Alicia Saa Fuentes e María Dolores Gómez Pérez, respectivamente.

O día 25 de marzo de 1996 a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitiulle á Sala do Conten

cioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os expedientes administrativos correspondentes ós recursos contencioso-administrativos números 378, 379, 380, 381, 382, 383, 384 e 385/1996, interpostos por María del Carmen Vecino Fernández, Francisca Fernández Perandones, Josefina Cid Garrido, Joaquín Ángel Guede Fernández, María del Carmen Gallego Cruz, Luis A. Barbosa Fernández, Adelaida Alicia Saa Fuentes e María Dolores Gómez Pérez, respectivamente, contra resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria desestimatoria da pretensión dos recorrentes de aboamento do complemento de destino, nivel 24.

En cumprimento do requerimento da presidencia da sala e o disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, faise público para que tódolos interesados no procedemento, dos que se descoñece a súa identidade, poidan comparecer e presentarse en autos, no prazo de nove días, perante a sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1996.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2368