Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 03 de abril de 1996 Páx. 3.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 110-1/1995).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que seguen:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T. e C.T. en Ronda-Esquina R. Villamil.

-Situación: A Coruña.

-Descripcións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV en D.C., en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 3(1x150 mm AL) e 85 m de lonxitude, que parte da L.M.T. subterránea Colón-estrada da Torre (Expte. 32530) e remate no C.T. que se vai construír en Ronda de Montouto esquina a R. Villamil. A Coruña. C.T. de 400 kVA, tipo soto.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602454