Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 12 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, para os pagamentos do prezo xusto, por imposición de servidumes de paso de instalacións eléctricas.

Fáiselles saber a tódolos propietarios dos predios contidos nos expedientes de imposición de servidumes de paso sobre bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV, e centros de transformación en Padín, Miño (Expte. nº 52494), en Salto, Cabanas (Expte. nº 52642), e en Santa María, Melide (Expte. nº 52672), dos que é beneficiaria a entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, que o día 2 de maio de 1996, ás 11.30 e 13 horas, se procederá nas casas dos concellos de Miño e Cabanas, respectivamente, e o día 3 de maio de 1996 ás 12 horas na de Melide, ós pagamentos do prezo xusto, segundo resolucións do Xurado Provincial de Expropiación, advertíndolles ós titulares propostos de predios afectados por estas instalacións, que serán notificados individualmente, que os pagamentos se realizarán de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 48, 49, 50 e 51 do

seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

A relación dos predios e titulares ós que proceden os pagamentos, emítense co oportuno aviso ó alcalde do citado concello.

A Coruña, 12 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9601773