Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. en Erpín que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio n.56 da L.M.T. 29.06 Vilalonga-A Toxa rematando no C.T. que se proxecta en Erpín, concello de Sansenxo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 162 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoios de formigón. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Orzamento: 3.126.628 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na
Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 4 de marzo de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
2346