Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 02 de abril de 1996 Páx. 3.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 20 de febreiro de 1996, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0004282/1996 interposto por Saturnino Bargiela Boente e oito máis.

Con data do 13 de febreiro de 1996, o presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección segunda, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencio

so-administrativo número 02/0004282/1996, interposto por Saturnino Bargiela Boente, Argentina Boente Bargiela, Manuel Leiros García, Delfina Alonso Bargiela, Moisés Rodríguez Groba, Casimiro Bargiela Bargiela, Demetrio Bargiela Boente, Daniel Bargiela Boente e Serafín Bargiela Bargiela, contra acordos do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Comun do 21-11-1995 sobre clasificación como veciñais en man común dos montes de Couso, parroquia de Guláns, concello de Ponteareas.

En consecuencia, esta presidencia acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 1O/1992, do 3O de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Pontevedra, 2O de febreiro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

2452