Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Prego de condicións económico-administrativas para contratar, polo procedemento aberto, tramitación urxente, forma de concurso, unha auditoría legal

e financeira do último cuadrienio no Concello de Nigrán.

Obxecto.-O obxecto deste contrato é a realización dunha auditoría legal e financeira do período comprendido entre o 15 de xuño de 1991 e o 15 de xuño de 1995. Comprenderá a auditoría legal sobre patrimonio municipal, contratación de obras, servicios e subministracións, urbanismo e auditoría financeira.

Procedemento.-Aberto, forma de concurso, tramitación urxente.

Prezo.-Máximo 12.000.000 de ptas. (doce millóns de pesetas).

Prazo de execución.-3 meses.

Concursantes.-Poderán participar no concurso as empresas consultoras ou de servicios ou empresarios individuais inscritos no rexistro mercantil que dispoñan dunha organización e teñan unha actividade relacionada directamente co obxecto do contrato.

Propostas.-As propostas presentaranse en sobre pechado no que constará proposta para participar no concurso convocado polo Concello de Nigrán para a contratación de traballos de auditoría, no rexistro xeral do concello, nos 26 días hábiles seguintes ó da publicación do derradeiro dos anuncios do concurso no BOP e no DOG, acompañándose a documentación esixida de acordo co seguinte modelo de proposta:

«D/Dª ...., con DNI nº ...., con enderezo ...., no seu nome (ou en representación de ....), informado do anuncio publicado no boletín o diario oficial de ...., nº ...., do ...., polo que se convoca concurso para a adxudicación dos traballos profesionais dunha auditoría nese Concello de Nigrán, solicita participar neste, comprometéndose á realización dos traballos con estricta suxeición ó prego de condicións que manifesta coñecer e aceptar integramente, e memoria que se achega sobre o contido e o alcance dos traballos e polo prezo de .... pesetas. Lugar, data e sinatura».

Fianzas.-Provisional de 50.000 ptas. e definitiva do 4% do prezo da adxudicación.

Apertura de plicas.-Terá lugar ás 12 h do día seguinte ó que remate o prazo de presentación de propostas, na secretaría xeral deste concello.

Nigrán, 19 de febreiro de 1996.

José Villar Pereira

Alcalde-presidente

1326