Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión extraordinaria celebrada o pasado día 29 de decembro do 1995, adoptou o seguinte acordo:

Punto 1.-Aprobación definitiva, se procede, do documento denominado «revisión e adaptación do plan xeral municipal de ordenación urbanística do concello de Oleiros».

Primeiro.-Incorporar ó documento de revisión e adaptación do PXMO de Oleiros a documentación remitida á Demarcación de Costa e que serviu de base á emisión do informe favorable.

Segundo.-Incorporar ó documento de revisión e adaptación do PXMO de Oleiros a documentación remitida á Consellería de Cultura e que serviu de base á emisión do informe favorable.

Terceiro.-Configurado deste xeito o documento final, aprobalo definitivamente e con carácter parcial, ó engadirlle as seguintes modificacións:

1º.-En solo urbano permitirase a construcción do cerramento da parcela e a urbanización da fronte da mesma, con independencia da licencia de edificación.

2º.-Nas ordenanzas de vivenda unifamiliar, se as características do terreo o acosellan, poderá proxectarse o soto nun lugar diferente da situación da edificación principal, sen que ningunha das dúas ocupacións supere a porcentaxe de ocupación fixada para cada ordenanza.

3º.-Nas ordenanzas urbanas -2A, 2B e 2C- se a topografía do terreo así o aconsella, poderase proxectar que a edificabilidade permitida pola ordenanza se plasme exclusivamente na planta baixa.

4º.-Nas ordenanzas de vivenda unifamiliar, os saíntes dos beirís da edificación non consumen ocupación ata 50 cm.

5º.-Na ordenanza 1 permitirase a reconstrucción das vivendas existentes, aínda que non cumpran tódolos parámetros de aplicación, sempre e cando a devandita reconstrucción se faga con características similares ás da edificación preexistente.

6º.-A sección do viario principal será constante de principio a fin de cada tramo. A devandita sección será a máis larga recollida nos planos de ordenación.

7º.-Incremento do SUNP B-25R, entre As Torres-A Cova-Edreira, tal e como se reflicte no plano nº 1.

8º.-Tendo en conta a alegación 8.273, e a solicitude presentada sobre a denominada Villa Echeverri, aceptar esta última nos termos que a formula. Reflectida en plano nº 2.

9º.-Na parcela sita en Bastiagueiro, reflectida no plano nº 3, incorporar á revisión do plan a proposta de ordenación segundo escrito de solicitude presentando por rexistro de entrada nº 11.277 e data 28-12-1995.

10º.-Con relación á UE-2, proponse mante-la ordenación co aproveitamente derivado do PXOM vixente de 1984. Plano nº 4.

11º.-O predio denominado El Argentino, tal e como se reflicte no plano nº 5, ordenarase de acordo

cos parámetros formulados no escrito con rexistro de entrada 11.337 e de data, 29-12-1995.

12º.-No ámbito do plan parcial nº 5 en Sta. Cruz, permitiranse os trocos dos usos non residenciais por uso residencial en tódalas plantas, agás das plantas baixas e sotos.

13º.-Nos solos urbanizables primarase a construcción de vivendas sometidas a calquera réxime de protección oficial.

Tódalas áreas urbanizables de uso residencial poderán incrementa-la densidade máxima permitida, dentro dos límites establecidos para cada caso e tipo de solo, sempre e cando este incremento se realice en viviendas sometidas a calquera réxime de protección oficial. En ningún caso suporá incremento da edificabilidade máxima asignada.

Para estes supostos os SUP poderán alcanza-la densidade máxima de 50 Viv./Ha., os programados para o 1º cuadrienio e as 35 Viv./Ha. para o 2º cuadrienio.

14º.-Proponse, para a zona reflectida no plano nº 7, sita en Aguieira, praia de Portonaval, a seguinte ordenación:

Solo urgano 2B na súa parte superior, estremeira coa estrada de Sta. Cruz a Breixo, para evita-la formación de pantallas de edificación.

A parte inferior, estremeira coa costa, será clasificada como zona verde.

15º.-Con base na alegación nº 7.827, o ámbito do campo de fútbol de Perillo engadirase no denominado SUNP D-18-R plano nº 8.

16º.-Con relación ás parcelas propiedade da Fundación Juana de Vega, obxecto da súa solicitude rexistro de entrada nº 11.318 e dada 29-12-1995, recolle-la súa proposta de ordenación no documento de revisión do PXOM.

17º.-Con base nas alegacións nº 7.831 e 8.316, ampliarase o solo non urbanizable, ordenanza 9, axustándose ó parcelario, todo isto segundo o plano nº 9 (Vista Alegre Lóngora).

18º.-Na área sita en Montrove e reflectida no plano nº 10, realizaranse as seguintes modificacións:

-Ampliación do SUNP B-27-R.

-Clasificación como urbano con distintas ordenanzas segundo a súa tipoloxía edificatoria, os solos que cumpren os requisitos do artigo 10 do T.R. Lei réxime do solo.

19º.-Proponse, na parcela reflectida no plano nº 11, na rúa das Viñas de Babilonia, en Sta. Cruz, a súa ordenación como una unidade de execución con edificabilidade 1 m/m e con suxeición á ordenanza 3.

20º.-Na parcela reflectida no plano nº 12 sita na rúa das Viñas de Babilonia en Sta. Cruz, proponse a súa suxeición á ordenanza 4 con baixo e dous pisos e fondo edificatorio de 12 m.

21º.-Con base na alegación nº 8.735, proponse na parcela, reflectida no plano nº 13, sita en Mera, a aplicación da ordenanza 4 con baixo máis dúas.

22º.-Na zona reflectida no plano nº 14, situada entre o núcleo de Aba e Lorbé, dado o seu grao de consolidación, proponse que sexa obxecto dun plan especial de reforma interior, con edificabilidade máxima de 0,30 m/m, densidade máxima de 12 Viv./Ha. e uso de vivenda familiar.

23º.-Na zona reflectida no plano nº 15, en Vilanova-Nós, dado o seu grao de consolidación, proponse que sexa obxecto dun plan especial de reforma interior cos seguintes parámetros:

-Edificabilidade máxima: 0,30 m/m.

-Densidade máxima: 12 Viv./Ha.

-Uso: vivienda familiar.

24º.-Consedérase que o predio que aparece no documento de revisión do PX como singular no núcleo de Perillo, tal e como se reflicte no plano nº 16, son realmente dous e non teñen as características nin condicións para ser predio singular; por isto, proponse a súa clasificación como solo urbano, ordenanza 3B.

25º.-Proponse clasificar como urbano, tipoloxía 2C, as parcelas reflectidas no plano nº 17, dado o seu grao de consolidación. Situación O Covo-Miraflores.

26º.-Proponse clasificar como SUNP B-19-R, as parcelas reflectidas no plano nº 18, sitas na Choupana-Montrove.

27º.-Preténdese amplia-lo solo urbano coa ordenanza 2B á parcela reflectida no plano nº 19, situada en Lourido.

28º.-Preténdese amplia-lo solo urbano coa ordenanza 2B á parcela situada en Vilanova-Nós, reflectida no plano nº 20.

29º.-Amplia-lo solo urbano á parcela sinalada no plano nº 21, deixándoa tal e como estaba na aprobación inicial.

30º.-Con base na alegación nº 6.578, deberá recollerse o viario existente como vía pública, fixando para ela un largo de 8 m e darlle saída cara ó SUNP, polo que terá continuidade cando se acometa a súa ordenación. Deste xeito, parcelas cualificadas como solo urbano, disporán de viario público recoñecido na súa fronte e estarán en disposición de ser soares edificables realmente. Plano nº 22.

31º.-As parcelas indicadas no plano nº 23, sitas en Sta. Cruz, regularanse pola ordenanza 4 con baixo máis dúas plantas e fondo edificatorio de 12 m.

32º.-A parcela indicada no plano nº 24 clasificarase como solo urbano coa ordenanza 2A, repoñendo a súa ordenación, tal e como recollía o PXOM do 1984 (O Batán).

33º.-Existe un erro na inclusión dun predio no ámbito da ordenanza 6 de predio singular en Serantes

e reflectido no plano nº 25. Procede salvar este erro e circunscribi-la cualificación de predio singular ó seu ámbito real, clasificando a parte excluída coa ordenanza 2B das estremeiras.

34º.-Procede na zona do Pirinxel-O Couto-Lorbé, a clasificación do solo situado no plano nº 26, como SUNP tipo A-R, en resposta á alegación nº 7.522.

35º.-Clasificarase como solo urbano as dúas edificacións existentes, deixando un viario intermedio de 8 m de largo que enlace co Camiño da Veiga. A cualificación será idéntica á dos dous predios urbanos estremeiros, ordenanza 2A, na parte superior e ordenanza 2B na inferior. Plano nº 27.

36º.-A parcela sita en Perillo, estremeira coa nacional VI, na urbanización Os Álamos, clasificarase como solo urbano, ordenanza 8, tal e como se reflicte no plano nº 28.

37º.-Disposición transitoria sétima 2.

O PAU e PP das Galeras, Bastiagueiro, que desenvolven parte do SUNP-E-, previsto no plan xeral que se revisa, modificarase para adaptarse ás seguintes condicións particulares:

-Densidade máxima: 16 Viv./Ha.

-Edificabilidade máxima: 0,34 m/m.

-Tipoloxía edificatoria: vivenda familiar, con tolerancia de vivenda colectiva disposta nas inmediacións da estrada LC-173, con altura máxima de baixo máis dúas plantas en porcentaxe que non exceda do 60% do número total de vivendas.

Sen embargo, as obrigas derivadas da programación realizada no desenvolvemento do plan xeral que se revisa manterán os seus prazos e condicións de cumprimento sempre e cando se manteñan ou sexan superadas polas obrigas derivadas da nova regulación.

38º.-Plan parcial de Beiramar:

Na parcela municipal do plan parcial de Beiramar debe posibilitarse o incremento do número de vivendas asignado, transformando estas en vivendas equivalentes, de xeito que se racionalice o aproveitamento do soar sen que esta operación supoña, en ningún caso, incremento do aproveitamento nin da edificabilidade asignada polo plan parcial.

39º.-Os ámbitos correspondentes ás alegacións números 7.830 e 4.693, pasarán a ser solo urbano -2C-, segundo plano incluído no expediente nº 29.

40º.-No núcleo da Seara, completarase o ámbito coa clasificación de solo urbano -Ord. 2C- tal e como se recolle no plano que consta no expediente e referido á alegación nº 7.314. Plano nº 30.

41º.-Clasifica-lo ámbito do plano que consta no expediente e referido á alegación nº 7.884, como solo urbano -Ord. 2C-, tal e como se recollía na aprobación inicial. Plano nº 31.

42º.-Clasifica-lo ámbito reflectido no plano que consta no expediente e referido á alegación nº 8.234,

como solo urbano pendente de redacción dun PERI que o ordene, de acordo cos criterios da Ord. 2C. Plano nº 32.

43º.-Clasificar como SUNP-A o ámbito reflectido no plano que consta no expediente co nº de alegación 7.332. Plano nº 33.

44º.-Clasificar como SUNP-A o ámbito reflectido no plano que consta no expediente e referenciado co nº de alegación 8.867. Plano nº 34.

45º.-Delimitar unha UE entre a capela e o lavadoiro de Lorbé cos seguintes parámetros:

-50% de solo destinado a zona verde de cesión.

-50% de solo destinado a plasma-lo aproveitamento, de acordo coas especificacións da ordenanza 2A.

Todo isto, segundo o plano que figura no expediente e referenciado co nº de alegación 7.038. Plano nº 35.

46º.-Clasificar como SUNP-A a área situada entre punta Bufadoiro e o SUNP A-3 R, entre a estrada ó faro e a costa, tal e como se reflicte no plano que figura no expediente. As condicións de ordenación serán as seguintes:

-Densidade máxima: 6 Viv./Ha.

-Aproveitamento: 0,15 m/m.

A ocupación do ámbito con aproveitamentos lucrativos non poderá ser superior a 1/3 do mesmo. Os 2/3 restantes terán como destino o sistema viario, de espacios libres, zonas verdes e viario de acceso. Plano nº 36.

47º.-Clasificar como solo urbano -Ord. 2B- o ámbito reflectido no plano referenciado coa alegación 7.644. Plano nº 37.

48º.-Clasificarase como solo urbano -Ord. 2C- a parcela sinalada no plano que figura no expediente e referente á zona denominada Sisaldo (no curce entre a estrada a Breixo e o camiño ó cámping). Plano nº 38.

49º.-Clasificarase como solo non urbanizable -Ord. 9-, a parcela sinalada no plano que consta no expediente e referente á zona da Xesta, lindante co camiño que leva ó colexio da Rabadeira. Plano nº 39.

50º.-O ámbito que se recolle no plano que consta no expediente e relativo á alegación nº 8.296, clasificarase como solo urbano -Ord. 2C-. Plano nº 40.

Estas modificacións, a teor do establecido na Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, serán remitidas á consellería respectiva da Xunta de Galicia para a emisión do informe previo previsto no artigo 7 da devandita lei.

Cuarto.-Encargarlle á empresa adxudicataria dos traballos a elaboración dun único texto refundido que, en consecuencia, deberá ser posteriormente elevado ó Pleno do Concello para a súa toma de coñecemento e despois remitido á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia que, con base no acordo

plenario do 28 de setembro do 1995, deberalle da-lo visto e prace como paso previo á súa entrada en vigor.

Quinto.-Este acto de aprobación definitiva publicarase no DOG e comunicarase á consellería competente en materia urbanística á vez que se lle dará traslado dunha copia dilixenciada do expediente administrativo completo e dos exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran o plan sobre os que se produza a aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaría do concello e nos que se fará consta-lo devandito extremo (artigo 8 da Lei 7/1995).

Sexto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá inteporse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte a aquel en que se reciba a notificación do presente acordo. De interpolo, advírtese que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado.

Tamén se poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Nembargantes, faise constar que contra as modificacións engadidas a través deste acordo no documento de revisión e adaptación do PXMO non cabe recurso ningún, dado que con relación a elas o acordo é de trámite, estando pendente a súa aprobación definitiva polo Pleno do Concello, logo de informe favorable da consellería respectiva.

Oleiros 31 de xaneiro de 1996.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente

2381