Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

EDICTO.

Aprobado polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 25 de xaneiro de 1996 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación urxente mediante concurso en procedemento aberto da subministración e instalación dun repetidor de Radio Televisión Cerceda en Vilanova-As Encrobas, sométese a información pública durante o prazo de 8 días para efectos do seu exame e posibles reclamacións, considéranse definitiva

mente aprobado no caso de que non se formulen reclamacións a el.

Simultaneamente anúnciase a licitación, a que se aprazará no caso de se formularen reclamacións ó prego ata a resolución destas.

Extracto.

Prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación urxente mediante concurso en procedemento aberto da subministración e instalación dun repetidor de Radiotelevisión Cerceda en Vilanova-As Encrobas.

Obxecto.-A subministración e instalación dun repetidor de Radiotelevisión Cerceda no lugar de Vilanova-As Encrobas, mediante concurso urxente en procedemento aberto.

Orzamento de contrata e criterios que servirán de base para a adxudicación.

1.-O orzamento de contrata ascende á cantidade de sete millóns (7.000.000) de pesetas.

2.-Na oferta dos licitadores entenderase comprendido o importe do IVE.

3.-Os criterios que servirán de base á contratación serán os seguintes:

-Prezo ofertado.

-Solucións técnicas que melloran as mínimas establecidas.

-Prazo de execución.

-Custo de utilización.

-Calidade e rendibilidade.

-Posibilidade de repostos, mantemento e asistencia técnica.

Prazo de execución.-Un mes, contado a partir do día seguinte ó da data de formalización do contrato.

Pagamento.-No prazo de dous meses, contados desde a sinatura da acta de recepción da instalación.

Prazo de garantía.-Executada a instalación, o contratista notificarallo ó concello e dentro do mes seguinte terá lugar o acto de recepción destas se esta se atopa en perfecto estado e consonte as prescricións previstas, o concello daraa, por recibida, levantándose a correspondente acta e comezando entón o prazo de garantía dun ano.

Garantías adicionais.-Sen prexuízo da garantía por execución do contrato antes descrita, o contratista dará unha garantía por escrito polo prazo mínimo de seis anos, para responder de defectos de fabricación do equipo subministrado.

Garantía provisional.-140.000 pesetas.

Garantía definitiva.-4% do prezo da adxudicación.

Proposicións e documentación complementaria.-Durante o prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG, na forma e coa documentación esixida na cláusula 13 do prego de condicións.

Modelo de proposición:

D/Dna....., con domicilio en ...., concello de ...., C.P. ...., provincia ...., e DNI núm ...., no seu propio nome (ou en representación de ...., como acredito

mediante ....), informado do expediente de contratación urxente mediante concurso da subministración e instalación dun repetidor de RTVC en Vilanova-As Encrobas, anunciado no BOP (ou DOG) núm ...., con data ...., tomo parte nesta comprometéndome a executa-lo contrato de acordo co prego de condicións administrativas e especificacións técnicas, que acepto integramente, no prezo de .... pesetas IVE incluído, consonte os seguintes criterios .... e as modificacións e melloras que se concretan en documento anexo, facendo constar que manteño esta oferta durante .... meses e non estar incurso en ningunha das circunstancias establecidas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Memoria cos criterios e as variantes ou alternativas que se oferten.

Constitución da mesa e apertura de plicas:

No salón de xuntas do concello ás 13 horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo sinalado no apartado 1 da cláusula 13ª.

A mesa de contratación estará integrada da seguinte forma:

-O alcalde, ou concelleiro no que delegue ou legalmente o substitua, como presidente.

-Dous vocais designados polo Concello Pleno.

-O secretario e o interventor do concello.

Características técnicas mínimas dos equipos:

-Dous conxuntos de 3 reemisores, con triplexor profesional, mecanización e cables de adaptación, potencia de saída por canle de 5W a -58 db de intermodulación. Alimentación 220 V.C.A. e 24 V.C.C. con cargador de batería.

-Un reemisor profesional, potencia de saída 5 W a -58 db de intemodulación. Alimentación 220 V.C.A. e 24 V.C.C. con cargador de batería.

-Un sistema radiante composto por dous paneis de aceiro inoxidable rodomizado en fibra de vidro, un distribuídor de 1 entrada e 2 saídas, con lateguiños, cable cellfex 1/2 polgada e 15 m de liña de antena.

Réxime xurídico.-No que non estea previsto nas presentes cláusulas rexerán as normas da Lei 7/1985, do 2 de abril, Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril e Lei 13/1995, do 18 de maio.

Cerceda, 2 de febreiro de 1996.

José García Liñares

Alcalde

Celestino J. Amigo Liñares

Secretario

1480