Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/35-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Santa Comba

Enderezo social: r/ A. Tomé, 130, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en San Bartolomeu.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 804 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte da L.M.T. Santa Catalina a C.T. Guldrís (Expte. 27.949) e final no C.T. que se vai construír en San Bartolomeo de 50 kVA a 15/20 kV 380-220 voltios, e o seu acoplamento a rede de baixa tensión existente. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9602090