Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/142-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Enderezo social: Casais, 20, 15129 Vimianzo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Torre.

Situación: Vimianzo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV que parte do C.T. Vimianzo II en conductor R.H.V. de 3 (1x95) mm Al, de 600 m de lonxitude de final no C.T. torre que se vai construír de 160 kVA tipo interior. Concello de Vimianzo

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de febreiro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

1910