Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 01 de abril de 1996 Páx. 3.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1996 pola que se convoca o concurso público 10/1996 para adquisición de diverso material audiovisual e informátivo con destino á Facultade de Físicas de Santiago de Compostela e Empresariais de Lugo, dependentes desta consellería.

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 10/1996 para adquisición de diverso material audiovisual e informático con destino á Facultade de Físicas de Santiago e Empresariais de Lugo, dependentes desta consellería.

1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación na forma que sinala a cláusula 6.5.7ª do prego de cláusulas administratiavas particulares, específico deste concurso.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, Edificio San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11 r/ Nova de Abaixo, nº 19-21, Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día contado a partir da dita publicación ás 14 horas.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5.-Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o terceiro día hábil desde a finalización do prazo de presentación de proposicións a partir das 10 horas.

7.-Prazo de execución: 1 mes contado a partir da notificación da adxudicación.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Orzamento de licitación: 10.000.000 ptas.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1996.

P.D. (Orde 8-9-1994)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

2132